Páxinas

luns, 31 de decembro de 2012

WEJE!

Que pasa, rapaces?
O ano vai rematar, e a todos nos toca cear coa nosa noxenta e aburridisima familia... Iso é outra historia...
Vai facer un ano que estou neste blog... O que cambiei... Madre!
Decidín facer unha lista de propósitos e como son vaga para coller papel, escrívoos aquí, para contaminar aínda máis isto... Aí van:
1. Pasar 4º limpo.
2. Esforzarme máis.
3. Adelgazar.
4. Acabar un libro, dous se son pequenos.
5. Non morrer no intento.

Gracias pola súa atencion.
Desexádeme sorte. Hoxe á noite morrerei.

domingo, 30 de decembro de 2012

Ideas programadas.

—Agora podedes facer o que queirades.
Podedes dicirnos o que non vos pareza ben.
Cando non queirades que algo siga así,
cando as cousas teñan que cambiar.

Así de simple?

—Non. Cando vos deixemos.

Iso non está ben.

—Dinche eu liberdade para protestar?

venres, 21 de decembro de 2012

Verbas doces adicadas.

Pensar que cho di a ti. Imaxinar que ti es o seu mundo. Versos que reclama a túa mente, e que fai de seu. Verbas doces, con sentimentos amargos. Mirada perdida. Mirache a ti? Non. É a cara de paspana que tes. Ti sí o miras. Cada fonema é para él. Dedíacaslle cada latexo. Cada revolución. Cada pensamento. Cada reflexión. É a túa filosofía de vida. Quérelo. Pensas que todo vai a mellor. Míraa. Achéganse e ficas alí quieta.
Sabes o que che digo?
Claro que o sabes, é cousa de todos os días.

xoves, 20 de decembro de 2012

Casos hipotéticos.

E se sí?
E se foi sempre así?
E se estou enconada?
E se sempre o estiven?
E se volvo sufrir?
E se volvo á depresión?
E se volvo ter sentimentos?
E se volvo sentir iso?

E se morro?

mércores, 19 de decembro de 2012

Diálogos interiores.

—E que tal con aquel mozo?
—Xa sabes...
—Que imbécil es.
—Gracias, non fai falla que mo recordes.
—E que? Agora quen está.
—Ninguén.
—Segura?
—Segura.
—E ese rapaz... ese co que non falas, pero miras moito, así como querendo dicir que...
—Non é nada. É un "muso", e o sabes.
—Non estou segura.
—Nin eu.
—E o outro?
—Que outro?
—Ese que...
—Shh... Tampouco nada. Non, non estou namorada.
—Sí, e o sabes.
—Cala, por favor.
—Non queres falar comigo?
—Non.
—Entón para que me chamas?
—Non te chamei. Vaite, por favor.
—Non podo, estou dentro de ti. Non me dés, será peor para ti.
—CALA!

A sangue rodeaba a súa cabeza, cunha expresión facial de tristura. Sostiña unha tixola na man.
Un cadaleito xoven e atormentado.

Estado sentimental: recollendo cicuta

Non veño buscando escribir un poema, ou unha historia. Veño coma min. Considero que é axeitado describir á miña mente no meu blog, mellor que darlle a lata a calquera, xa que penso que si alguén le o meu blog, será porque lle interesa, e se non, deixa de ler.
Hai dous meses, ou tres, catro, anos, que non sei que facer coa miña vida. Esta entrada probablemente sexa coma a miña vida: sen sentido.
Para empezar, está a miña frustración referente a todo o que fago. Dame a sensación de que fracaso en todo, que nada se me da ben... A xente anímame, pero, a miña mente é unha moza teimuda, á que non lle convencen facilmente.
Por outro lado (aínda que entra no tema da frustración), está o "amor". Sí, entre comiñas. Coido que non existe e, se o que penso é equívoco, pois atrévome a dicir que só serve para facer dano. Din que é bonito, pero, como saberedes, nunca o paso alá moi ben, xa sexa eu á que lle fan dano... ou eu a que o fago. Non, non existe.
Inconformidade e pasividade. Sí. Dame moitisima rabia o que acontece no mundo (política, acontecementos varios, persoas que non hai por onde collelas...), pero, teño unha pasividade propia da maioría da xuventude. Iso tamén me frustra, sínome inútil.
Despois de toda esta reflexión, coido que o meu gran problema, é a frustración.
E a pouca aclaración que teño sobre a miña vida... Xa levo quince anos agardando o meu manual. Correos anda fatal.

domingo, 16 de decembro de 2012

Frustración, musos e preguntas

—Dime, quen é?
—Quen é quen?
—O teu muso, estás namorada del?
—O amor non é algo que sentir así como así. Ademáis, se fose amor non duraría tanto tempo.
—Entón, que é o que sintes?
—Sinto que calquera xesto que faga, por obsceno que sexa, leva un "Fuck the police" no interior, que o seu sorriso grita "revolución", que cando me mira, sinto unhas ganas enormes de queimar contenedores... Iso non é amor.
—Quen é?
—Non cho podo dicir.
—Por que? Non llo vou dicir a ninguén.
—El inspírame. Non quero que a ninguén máis lle inspire. Son unha egoísta pero, é a loita dunha artista frustrada por levantar cabeza.

sábado, 15 de decembro de 2012

Musos.

Tres anos, tres irrematables anos observándoo, escoitándoo seguindo os seus movementos. Non namorada. Só encandilada co seu xeito e da súa maneira. Non hai que confundir as cousas. E non fun, dígollo, inspector. Por que ía matar eu ao meu muso? Cando collan ó ou á que o fixo, quero que me deixen verlle a cara. Agora só me quedará o seu recordo, e terei que recurrir a el para crear. Pero claro, a mente borra o que cre non necesitar e temo que a súa presenza sexa unha das primeiras cousas que elimine. Como o ía exterminar eu?

venres, 14 de decembro de 2012

Fin.

E así remata esa historia interminable,
aquela que parecía non ter fin.

Soídade é o único que lle agarda á xente coma min.

Insensibilidade.

Chove.
Síntome como unha besta, un ser humano que non é persoa, un aborto de galiña.
Cada vez medran máis as miñas ganas de tirarme ó baleiro. Saltar, e entrar nunha caída eterna, sen sentir nada. Sen nada que me moleste, nada que me faga pensar, só atopar o estado vexetativo da mente e quedar en paz comigo mesma e coa nada que me rodea.

xoves, 13 de decembro de 2012

Namorada.

Namorada da música.
Namorada da voz.
Namorada da chuvia,
do vento, do Sol.

Namorada do abstracto.
Namorada do pensamento.
Namorada da mente,
namorada dos galegos.

Namorada da terra.
Namorada do mar.
Namorada das castiñeiras,
Galicia, meu fogar.

#recitandocelsoemilio 2.0


mércores, 12 de decembro de 2012

#recitandocelsoemilio 12-12-12

"Eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña."


Non falo pra os estúpidos.

martes, 11 de decembro de 2012

Xustiza abstracta.

Rabia, dor, inutilidade,
venganza,
desexo de revolución.

Odio.

Matar, facer sufrir,
un soño sádico,
digno de ver.

—Xustiza, estás aí?

Nada,
ignóranos,
mellor tomala pola man.

luns, 10 de decembro de 2012

Dadaísmo e morriña

Saudade, morriña, recordos...
Morriña, chuvisca,
chove
miudíño.

Lareiras, teares, hortas,
patacas, cebolo, grelos,
ameixa, muxe, xurelo,
figueira, acivro, limoeiro,
axóuxere, agarimo, amigo,
cacheira, ourella, chourizo,
parabéns,
souto.

Bágoas, dor, laios, saloucos.

A Coruña,
Pontevedra,
Ourense,
Lugo.

Gaitola, pandeireta, bombo, tambor, pandeiro,
sentimento.

Beiramar.

Luscofusco,
solpor,
tardiña,
noite,
amencer.

Fogar.




O noso.

sábado, 8 de decembro de 2012

8 de decembro do 2012 dunha galegofalante

19:00
Nivel de estrés: Máximo.
Estado: Estudando Historia da lingua galega
Localización: Unha casa no medio de ningures cunha pésima conexión a Internet.

Cando estudo, sempre teño a teima de pasarme do temario e adiantarme á materia, sobre todo cando se trata de galego, e vou por ahí lendo pequenos anacos dalgúns textos, ou asombrándome do que me agarda na materia...
Hoxe é un día deses.
Fai uns intres que topei cun texto que chamou a miña atención: "Acusación", de Iolanda Zúñiga. Fai tempo que xa o lera, pero desta vez, puiden sentirme identificada, dalgún xeito.
No artigo, Iolanda critica a condición das que falamos galego, xa que se refiren a nós como "las chicas que hablan gallego". Eu creo, que se a isto lle sumas o de que cambiaches de lingua repentinamente, hai máis repercusións. 
Dende que falo galego, a xente coa que adoitaba conversar, ridiculiza esta lingua aínda máis do que o facía antes. Pregúntanme o por que, e, cando non sei que responderlles (xa que non teño ningunha razón especial para ter cambiado de lingua), inventanse contos chinos que a min danme igual, pero rematan por cansar.
Aquí todo o mundo fala castelán, excepto casos puntuais. Dentro dos que non falan galego, hai tres casos: os que me admiran por ter cambiado de lingua dun día para outro, ós que lles da igual e os que cren facerme sentir inferior. Din que o forzo, que mesturo as dúas linguas. JODER! Se me falades castelán, váiseme, non o entendedes?
Deste último caso, estou farta, máis que farta. Creense superiores. Se lles cagara unha gaivota enriba... E cando non, chegan ao extremo de dicirme: "A mi me hablas castellano o non te hablo".
Gustaríame que algún deses "inimigos" do galego, lesen isto, non para comprobar a miña frustración ó averiguar á verdadeira humanidade, senón para que visen eles mesmos, que as súas palabras carecen de sentido.
Eu son galega e falo a lingua da miña terra.

"Defínenme por unha cuestión que, en absoluto, me resume. Por unha cuestión irremediablemente autóctona, común e natural: a lingua de meu [...], que ironía."
Iolanda Zúñiga, En Tempos Novos


Xa pasaron algúns anos...

... e recorda os sorrisos, as caricias... A vida.

Todas as tardes traballando na conserva. Aquelas risas coas compañeiras. Un soldo mísero. Malveiras.

As romarías e festas. As bromas de mozos. Conquistarse tirandose pedras os uns aos outros. O afastamento e cercanía mediante cartas que tardaban séculos en chegar.

Dictaduras e repúblicas das que, máis que feitos históricos recollen vidas.

E agora, cada vez que recibe a noticia da morte dalgún ex- amante, veciño da súa quinta ou compañeira, olla preocupada cara o calendario e unha bágoa esvara pola súa faciana burlando ás enrugas e o paso dos anos...

mércores, 5 de decembro de 2012

Whatever.


Off.




Aquelas tardes de verán nas que pasabamos a tarde cantando á beira do mar.

Cando non queriamos marchar, pediamos un bis.
Un tras outro, dábannos a media noite.
Dende que se acurtaron os días,
deixamos de cantar.

Literatura.

Escribía, eu non entendía o que dicía. Miroume con cara de desprezo e arrancoume a folla das mans facendo que olvidase a súa letra escrita a pluma, descoidada pero preciosa. Os ollos contiñan unha mestura de odio e incomprensibilidade e, dende aquela, non volveu dirixirme a palabra.

venres, 30 de novembro de 2012

Destrozada.

— Xa falaches con el?
— Sí...
— E?
— Non sei se volver.
E eu, coma público dunha traxedia grega, decidín que se baixase o pano e, despois de que o patio de butacas se baleirase da xente que comentaba a obra con aire crítico e sentimental, escoitáronse saloucos no escenario en penumbra. Laios reais.

luns, 26 de novembro de 2012

Transit of Venus.

É o nome do último disco de Three Days Grace, un dos meus grupos favoritos, está ben deberiades... Bueno, non veño aquí a falar do disco, senón da persoa que mo pasou. HEHE
El é o Sr. Hitos.
Non sei como comezou todo, a verdade... Supoño que el descubreu o meu blog por razóns sobrenaturales e blabla.
É unha persoa bastante pesimista, e non atende a razóns cando se trata de intentar animala. Adícase a escribir mentres existe, e a pasarme emoticonos chachis polo messengger.
É moi bo amigo, e preocúpase pola xente e blablabla.
E iso.
E sabedes que? Está aprendendo galego (?)


Un saúdo.
Dous se son pequenos.

domingo, 25 de novembro de 2012

A 9ª sinfonía.

Abriu a porta. Ela estaba centrada na 9ª sinfonía. Virouse cara el.
— Que che parece?— non respondeu — Entendo, non tes palabras para...  Que fas?
El, como cousa dun relato do realismo, sacou da súa cazadora de coiro negro unha fouce e achegouse a ela.
Empezou a golpeala ca arma coma se fose un centolo acabado de cocer. A sangue, coma salsa de tomate, manchaba toda a estancia. Os ollos da rapaza miraban, fríos e inertes a un punto no infinito. El, nunha última acción, colleu a fouce e fixo o que se veu obrigado a facer, deixando xunto á moza, un cadaleito dunhas 19 primaveiras digno de fotografar.

luns, 12 de novembro de 2012

Acouga, meu!

Ilustración por cortesía de T. Wolf  http://trassiwolf.blogspot.com.es/




Non sei por que a xente vive tan estresada.
O peor, é que nos extresan ós demáis.
Vou coller a recortada para seguir durmindo a sesta...


"O día que
cambiei de idioma"
(A historia dunha rapaza á que
condenaron os fachitas)

Un día produtivo

Saín da casa cos carteis baixo o brazo.
Fun andando, a rúa dese pobo extraño para min, esa tarde, estaba deserta.
Ía frío, si, estábase ben.
Pero había unha tensión no ambiente, a pesar de que non houbese ninguén.

Cortei cos dentes o celo e, despois de darlle uns golpes ca man, apareceu unha señora, que veu, curiosa a interesarse polo papel aquel da marquesiña.
Comezaron a pasar coches e, dous velliños que ían nun tractor, saudaron felices.
Comecei a andar, de volta a casa e botei unha carreira telepática cunha vella,
os cans saudábanme.

Cheguei.

Cerrei a porta e axexei pola ventá. A xente parábase a charlar, feliz, rindo. Nunca tal vira...
Fora como se ao poñer os carteis, a xente saira á rúa, con esperanza...
¿Poderemos facer algo?

O mesmo de sempre: rutina

Chegas á casa, cansa.
Non queres saber do exterior, pero, coma cousa da rutina, acendes ó primo da caixa retrasada.
Agardas e agardas. Por fin podes volver a realizar, coma todos os fodidos días da túa puta existencia, o ritual de entrar en Google e teclear os datos da túa conta de usuario nesas redes para dar pena á xente.
Ah! E o teu blog... Non te esquezas.
Ves novidades de xente que é mellor que ti. Les así polo miúdo, non queres deprimirte máis, a túa autoestima creativa xa está demasiado baixa. Pero a túa man, aliada co cerebro e o rato, fai clic nun enlace. A un blog. Ábrese e lees todo. Con detalles.
Mira, ten mellor deseño ca teu blog.
Ten máis seguidores.
Ten comentarios.
Máis visitas.
Escribe mellor ca ti.
Empezas a odiar máis á xente,
non aceptas que te superen.
Pensas: "Pois que merda!"
E escribes isto.

luns, 5 de novembro de 2012

Na habitación do lado.

Na habitación do lado, gústame escoitala rir.
Que ría, aínda que sexa coa máis mera parvada que saia na televisión.
Gústame escoitala rir, sabendo que está mal.
Pero esfórzase por non preocupar.
Que ría,
que xa chorará...

domingo, 4 de novembro de 2012

Morría

Tremelicábanme as pernas,
movíame dun lado a outro,
miraba cada "tic,
cada "tac" do reloxo.

Morría...

As mans sudábanme,
o corazón críase corredor de maratón,
non sabían que facer,
necesitábano.

Morría...

Alí saiu,
entre privilexiados que pasean seus libros,
de A Coruña a Vigo.
Alí estaba el.

Morría...

Os nosos ollos se buscaron,
encontráronse.
E nun arrebato de desesperación,
as nosas retinas ordenáronlle ás pernas que corresen,
correron. Rápido. Moi rápido.

Naquel intre, o tempo se parou
e, os nosos beizos,
traspasaron toda distancia posible,
toda a que podía haber...

Nunha curta porción de tempo,
regresamos alí.
Todo parecía ser soño.

Morría...

Subeu.

Quedei ficando,
alí quieta,
mirando como a distancia
aumentaba,
aumentaba, 
aumentaba...


Bágoas nos ollos.

Morrín.


sábado, 3 de novembro de 2012

Seica chove.

¿Por qué?
Pois porque si.
Blah blah.
Isto non é unha entrada coherente.
Nin a miña vida.
Nunha arroutada dixen: "Cambiar nome blog, galego"
E este é o resultado...
Non sei, será un blog en castrapo...
Es que me da pereza cambiar todo...
Pois iso.
A facer cousas produtivas!
Ou a durmir...


xoves, 1 de novembro de 2012

Liberdade.

Meu corazón palpita nunha gaiola,
lisa e sen pechaduras,
imposible de abrir:
unha gaiola.

Pregunta por ela.
Ou a caso a liberdade básase na cultura?
Unha persoa ignorante pode ser libre?

Non sabe que é,
pensa que é boa,
dixéronllo,
e non se equivocan.

Liberdade é o seu nome.

Berra entre saloucos,
pola noite,
desesperado por atopala.

Meu corazón perde a esperanza...

Como é?
Roxa, lacia?
Mirada escura, gaza?
Existe?
Ou é unha simple musa?

Aló a ven,
aclamada polos escravos
rompe a gaiola,
libérao...

Pero daquela, xa está morto...




domingo, 28 de outubro de 2012

Como dicilo...

É coma a profesora que che di que preguntes dúbidas e che berra.
Coma a nai que che pregunta que cando vas coller mozo e logo non che deixa sair da casa.
Como un amigo da infancia que che di que nunca "quedades" e cando llo dis, non pode.
Coma un músico que che di que a música é sentimento, pero á hora da verdade todo é física.
Dinnos que exterioricemos os nosos sentimentos, pero só serve para chamar á depresión e o descontento.

xoves, 25 de outubro de 2012

Cando un non sabe que facer.

Ergueuse do seu asento. Fixo un pouco de ruído coa cadeira e foi ata diante. Leu. as súas verbas atravesaban os nosos oídos, mesturadas coa música que procedía dalgún lugar. Que expresaba o poema? Que quería dicir todo aquilo? Non llo explicou, limitouse a berrar. Ela estaba desconcertada e intentaba responder. A mestra non comprendía que os rapaces non sabían nada, que non entendían ós poetas, pero querían. Xa o dicía aquela rapaza: "Eu quero unha profesora de verdade".

mércores, 24 de outubro de 2012

Queridas persoas.

Son un ser humano. Proxecto de persoa. Aínda me están planificando, calculando as medidas dos meus aspectos morais. Alguns amigos meus, enteráronse dalgunhas cousas que me porán. Aínda non sei que é cada cousa, pero todo soa tan ben...
Dixéronme que me van poñer un gran corazón, ¿Que é iso? Non o sei, pero tamén falaron entre eles que me daría problemas, que me encariñaría fácilmente das persoas, que me ía a levar bastantes disgustos. Non entendía nada.
Logo volvéronse hacia min e seguiron contándome as miñas futuras cualidades:
Tería días anti sociais, días nos que me sentiría soa y días nos que estaría rodeada de xente. Odiaría aos que van de víctimas y amaría a música. Saltaría só cando eu quixera, correría para sentirme ceibe.
—E din que lles queda pouco espacio...
—E cal é o problema?
—Que nese espacio vai a cultura.

E así é o meu presente.

luns, 8 de outubro de 2012

Jazz.

Hoxe é o aniversario da miña escritora favorita. Soará moi pelota, pero sí, éme a favorita.
Faríalle unha entrada extensa pero e que non teño inspiración ._.
¡FELISIDADEH!

venres, 28 de setembro de 2012

Dream On.

"Come together" creaba unha atmosfera agradable na tenda de discos e vinilos da rúa sen nome dunha cidade calquera, a única que quedaba na comarca, no país ou incluso no mundo. O pequeno establecemento de cor descoñecida para a maioría da xente, tiña as paredes cubertas de vinilos. Casi deserta, a maioría do tempo. Unicamente habitada polo dependente, un músico frustrado que se adicaba a vencer discos da mellor época da música. Pese a que non vendía nada, gustáballe estar alí. Non era unha obriga, era libre.
Ás veces entraba algún guiri perdido, ou algún mozo esperando atopar o último de "Lady Gaga". Cando viñan con esas intencións, él miráballes con desprezo e marchaban. E así día tras outro.

Os cascabeis resoaron e sobresaltárono. Unha moza entrou. Metro sesenta, roxa, ollos claros. O frío ivernal invadeu a sala durante o intre que a porta permaneceu aberta. A moza, achegouse cara o mostrador. Non dixo nada. Sostiña un papel na man. Mirabaos - a aquela fotografía máis a el- simultáneamente. O dependente, de greñas oscuras e ollos castaños, non entendía o que estaba a pasar. A moza, medio confusa, pousou a fotografía misteriosa no mostrador.

Alí un  mozo - greñas oscuras e ollos castaños - sostendo cun brazo unhas baquetas e rodeando co outro a unha moza - metro sesenta, roxa e ollos claros. Miráronse.


xoves, 27 de setembro de 2012

Eu: Pronome persoal tónico solitario

Por que? Por que teño que ser eu a fin da cadea? Eu preocúpome por eles, por elas, por ela e mais por el.
Eles preocúpanse por elas e por os outros;
Elas por eles, por el e por aqueles;
El por aquela, por ela e mais por aqueles;
Ela por el, por eles...
Quen se preocupa por min? A quen lle importo?
Eu a sigo, ela os segue, eles non se preocupan por ela, pero si ela por eles.
Volvo estar soa.
"Non, non estás soa", berra unha débil voz na miña mente.
É certo téñome a min.
Eu: Bástome por min mesma.

Soñando co asasinato perfecto.

Media noite. Ela camiña por una rúa escura, deserta. Casas de apariencia deshabitada. Nadie a ve. Só eu. Non sabe que estou pero me sinte. Acercome. Da a volta, sobresaltada: "Ah, es ti", di recuperando o aire. "Nada bo para ti", penso. Sigo camiñando ó seu lado. Xa é a hora. Saco a arma. Esta vez a arma no era a arte, ni o amor, ni sequera a paz, ela mo quitara todo. Agarrei por ela rápidamente, non tivo tempo a gritar.
Ao corazón, por termo quitado todo.
Ao corazón, por pavonearte de nada.
Ao corazón, por infravalorarme, sobrevalorarte.
Ao corazón, pola túa maldade recuberta dalguén adorable.
Ao corazón, por eses sonrrisos arrebatadores que fan que ninguén me crea, cantos de sirea.
Sóltoa, non respira. Unha expresión de dor recorre seu rostro. Ollos insensibles, cristal inerte. Cérrollos. "Boas noites", susúrrolle ao oído, "Ata mañán".
Encontraranme.
Non negarei o crime.
Durmo a seu lado, o asfalto está frío, a lúa chea.

mércores, 26 de setembro de 2012

Mestura de nada.

Volvín. Si, creo que se chama desa maneira. A queixarme, coma sempre. É unha entrada a penas programada, rozando o improvisado, pero, coido que vai ser algo longa. Ou bastante, non sei. Non terán relación os diferentes parágrafos... Ou si.

Para comezar, ese movemento heróico de miles de cidadáns españoles, á miña vista, de valentes. Fano por todos, por eles, polas xeracións vindeiras, por ti e mais por min. Non deberían recibir o que lles deron. Golpes e máis golpes. Ingresados, feridos, detidos, e todo por defender, ser un heroe á vista de xente que se sente inútil, detrás dunha pantalla e atendendo ao que acontece segundo o telexornal. Censura. Só contan o que lles convén a moitos.

O heroismo recórdame a el: Ese descoñecido coñecido. Media noite: Alí estaba, facendo música perfecta mentres a xente se limitaba a escoitar, maioritariamente, aos demáis. A todos. Menos a el. Só ollaban para el os ollos verdes da frustración e unha camiseta dun grupo de metal, unha camiseta á que envidiaban os ollos. Os verdes, a ollos del, era un nada, unha persoa turista nunha vida. Un "Zas!" en nada. Un intre que non entendía de política, música nin literatura e, os ollos sabíanno, un cruce de tres ou catro palabras, algo que se esquece. Por iso choraban cando estaban pechados.

Non, non renegues do amor.
Nos seus brazos recolliche
o teu encanto maior:

Quedouche da noite aquela,
nos ollos, alumeante,
o resplandor dunha estrela!
R. Cabanillas

Certo, dende aquela, cando o recordo sorrío. Un abrazo. Xa. ¿Felicidade? Non, oh! A distancia, o alonxamento, o non saber. Todo contribúe a nada, a empeorar todo. A felicidade non pode depender dunha persoa, xa, pero axuda. Pero cando o recordo se esquece, non sabes que pensar, nin que sentir. A vida non veu con manual de instuccións, pero si se pode aprobar con experiencias.

Xeralmente non se lles escoita, pero, atendendo á miña memoria, sempre sentín algo máis hacia eles que hacio o resto. Son coma o osíxeno, está aí, pero non se escoita. Só alguén que colla un super sonotone de teletenda e se poña a escoitar ao osíxeno, pero xeralmente atendemos máis ao vento ou á chuvia...

Cando sentes que queres moitísimo, a unha persoa, na distancia. Diche que si, que ela tamén, pero sabes que non, só o fai por contentarche e tes medo de que un día destes, non sexas nada...

"Confeso que, farta de ser unha desas chicas que hablan en gallego, e movida por unha timidez paralizante que ninguén cre, escóndome: no castrapo, na mudez, na indignación. [...] Ben podería ser la chica que odia cocinar ou la chica que escribió una novela [...]. Pero non. Defínenme por unha cuestión que, en absoluto, me resume" 
Iolanda Zúñiga, en Tempos Novos

E facendo uso dunha lingua que non adoito empregar porque non atopo a compañía para falala, despídome desta entrada sen sentido, longa, aburrida e monótona que o meu cerebro me obrigou a escribir. 
Deica logo.
Virguliña. 
P.D.: Seica chove.





sábado, 8 de setembro de 2012

Un segundo mais eu podemos facer un minuto.

A fiestra aberta.
O can do veciño, o que canta polas mañás (o veciño, non o can), ladra (o can, non o veciño).
Un señor pasa correndo. Imaxino que non estará só canso físicamente, senón do mundo.
As rancheiras do disco que lle regalei á miña nai polo seu 46º aniversario soan a todo volume, para que ela poda escoitalas, mentres plancha, noutra habitación.
Mentres o mundo se move, conto o que pasa e non fago nada para cambialo, chego á conclusión de que o que teño que facer é plantexarme por onde tirar.

martes, 4 de setembro de 2012

Ouveos e outras formas de falar coa Lúa

(que título tan poético, verdade?)
Pois este título tan "poético" sirve para abrir a entrada que lle vou adicar ao meu irmán maior: Trassi. Pareceume unha boa maneira de "festexar" (Oh, si, party hard) o seu regreso do exilio campestre do mes de agosto. E... bueno, despois de todo, el me dedicara unha entrada xa polo meu aniversario e.e (Ey, Soul sister¡). Todo comenzou así, exactamente así... (Feel like Gerónimo Stilton. Se non leches os seus libros, non tes infancia)

Corría o ano de mil novecentos noventa e sete, cando unha muller de nome Mª de la Cruz daba a luz no hospital de Pontevedra a unha pequena nena peli-vermella de ollos azuis que [...14 years later...] Por aquel entonces, os días no Ask eran aburridos cando, de repente, Afra viu 9238219 preguntas de alguén descoñecido, ás que decidiu intentar contestar con inxenio, por variar. "Trassi Wolf" poñía alí. Levábanse ben, certo. Do Ask pasaron al Twitter e de Twitter a certa red social choni/cani. E sen darse conta, sentíanse o un irmán do outro.

~Finn y Jake~

E bueno, ya sabedes... Mmm... Debería escribir a miña autobiografía. Outro día, cando non tenña sicarios esperándome á porta da casa...
Dedicaríalle un debuxo ao meu irmán, pero non sei debuxarlle. Acórdate da Expotaku e_e

Un abrazo,
Oneko-chan, Vir.



30 cousas que lle gustan a Vir.

[ENTRADA CON ALTO CONTIDO EN ÑOÑERÍAS. PELIGRO DE VÓMITOS. VIRGULIÑA NON SE FAI RESPONSABLE DE CALQUERA INCIDENTE CAUSADO POLA LECTURA PROLONGADA DE DITA ENTRADA]

1. A cinta de carroceiro.
2. La chuvia.
3. Ver "Amelie" unha e outra vez e, ao acabar, sentirme baleira.
4. Debuxar.
5. Poñerme gorros.
6. A fotografía.
7. O solpor. 
8. O amencer.
9. Durmir. Por lo tanto, son menos propicia aos amenceres.
10. Ir á la praia en inverno.
11. Falar con Navi.
12. Os abrazos de Navi cando digo tonterías.
13. Que Navi me cante cancións ao oído.
14. Navi.
15. Cortar pelo.
16. Poñerme pinzas no nariz.
17. Os contaunllas.
18. As mini-latas de refresco.
19. Escribir.
20. Finxir que hai cousas que se me dan ben.
21. A música.
22. Que me chamen Virguliña.
23. O incenso.
24. O céspede.
25. Chocolate.
26. As salsas.
27.Sentir saudade.
28. A cinta de carroceiro outra vez.
29. Os abrazos en xeral.
30. Facer listas de 30 cousas absurdas.

venres, 24 de agosto de 2012

Mestura de desconcerto e tristura.

Non sei a que vén o título desta entrada, xa sabedes, nin os "escritores" (que eu non o son) sabemos que nos fumamos antes de escribir.
É broma, non fumamos nada, eu non, tal vez estaría mellor e todo, xa sabedes, iso que di que relaxa.
Collerlle cariño a alguén así porque sí, non é bo, nunca o foi e nunca o será. "Estaré siempre contigo" díxomo, pero nin sequera nese momento estaba.
"Llenas mi vida", pero só la completaba, nin iso. "Eres mona", sí, escapei do zoo, ¿que pasa?
Aínda así, seguirei crendo na humanidade, xa sabedes, preocuparse polos demáis, amargarse e esas cousas.
Fastídiame que á xente boa lle pase o peor, que se aproveiten desas persoas e que ti (eu) non poidas facer nada, quedarte uns cantos kilómetros atrás, sen facer nada, pero insistir e preguntar de pesada.

E isto é algo abstracto de cómo me sinto agora.


mércores, 15 de agosto de 2012

EXPERIENCIA DEZ.

Bueno, bueno, chorbos e chorbas, benvidos a unha entrada adicada unha vez máis aos meus ídolos, Heredeiros da Crus, pero aproveito tamén para facer publicidade dun proxecto que teño xunto a unha amiga, a Sra. Mosteiro.
O pasado día 3 de Agosto, fomos ao concerto destes meus ídolos e, coma horas previas, tiradas por Vilagarcía adiante, nos aburriamos, pois ocorreusenos grabar unha especie de documental relatando todo o que faciamos.
A partir disto, decidimos facer un Vlog bastante a miudo... ou iso intentaremos, que iremos colgando nun canal que xa vos pasarei.
O concerto foi xenial: Fomos bautizados con calimocho, "estriptis" integral, pogos... Unha experiencia irrepetible.
Aquí estamos a Sra. Mosteiro mais eu en primeira fila...
Jastas pista é a única canción do concerto que atopei por You Tube...
ICREIBLES.

mércores, 8 de agosto de 2012

O circo da miña mente

Señoras, señores, nenos, nenas, ancianos, piruletas, confeti, iguanas, gatos, gatas, gamusinos, paraísos fiscales, futboleiros, futboleiras, futbolistas, deportistas, indixentes, perroflautas, comerciantes, ídolos, músicos, músicas, debuxantes, pintores, pintoras, escritores, escritoras, críticos, críticas, oitenteiros, oitenteiras, falsos, falsas, amigos, amigas...

BENVIDOS Ó CIRCO DA MIÑA MENTE
Cando saian de aquí, recorden... Todo é produto da súa imaxinación.




luns, 30 de xullo de 2012

Descripcións esporádicas.

Como Manolo alguna xente saberá, gústame facer descripcións... Non muo longas, que son un "muermo", pero si catro cousas, sobre todo pequenos detalles. Aquí vos deixo descripcións, algunhas soaranlle a Manolo xa están escritas dende hai tempo e outras, son cousa de de onte... Algunhas son de xente real, e otras de persoaxes ficticios... Adiviñade se podedes.

Seus grandes ollos marróns, do mesmo color que o pelo, ondulado y recollido nunha coleta feita a correr, miraban á nada, fríos e insensibles, aínda que acostumaban a ser unha cousa así como acolledores. Os seus brazos, pegados a unha espalda ancha, de xogadora de rugby, levaban a unhas mans de dedos cortos e torpes a simple vista que manexaban á perfección a Morena, sua guitarra.

Seus ollos verdes, tristes, de expresión cansada enmarcados por unhas patas de galo disimuladas con maquillaxe axexaban cunha expresión de pena. O seu pelo, roxo de bote con notables raíces marróns era o tellado daquel rostro desgastado pola mala vida e os seus beizos, operados mil veces a escondidas co diñero de sabe Dios quen e besados por centos de homes, completaban ás súas tallas noventa-sesenta-noventa.

[...] Dixo mentras se peinaba coa man dereita o flequillo roibo que sobresalía da súa gorra. Os seus grandes ollos color avelá miraban pensativos a ningunha parte. Unha rasta se deslizaba polo seu peito, seus numerosos piercings adornaban súa cara, con barba duns tres días e o seu corpo era unha viaxe polas súas experiencias, culto ao rap e amor hacia ela a través da tinta.

Era un pouco máis alto ca min, de mirada resoña de cor descoñecida á que enmarcaba un pelo castaño ondulado, e groso. Súa voz, cun toque de retranca e doce, eran un suplemento dos seus abrazos ocasionados pola mala música. Sempre que o vía, aí estaba, coas mans no peto mirando hacia o alto, ata que empezaba o bo e entón, viña e me dicía "¿Así mellor?"

Sempre pensei que era máis baixo ca min, ata que estiven ao seu lado, tampouco era enorme. Pelo negro e ollos escuros. Un pouco encorvado. Era moi gracioso cando escoitaba rock e facía ese movemento extraño, como un ataque epiléptico, espasmos hacia adiante e atrás coa cabeza, á que logo lle seguía o corpo, porque non sabe bailar.





venres, 20 de xullo de 2012

Cousas das que ten ganas a autora do blog este.

1. Cámara de fotos.
2. Acabar o seu "libro"
3. Ter un grupo de verdade.
4. Polo tanto, aprender a tocar a guitarra.
5. Empezar bachiller.
6. Acabalo.
7. Marchar de aquí.
8. Coñecer a moitísima xente.
9. Aprender a andar en skate (JAJAJA)
10. Viaxes viaxes
11. Concertos, concertos..
12. Amor SEXO
13. JAJAJAJAJAJAJAno. (DIXO "ANO")
14. Adelgazar.
15. *tírase no sofá*
16. *ancende o televisor*

domingo, 15 de xullo de 2012

Be Heredeira or not to be.

Pois iso.
Isto, é moi importante para min.
Quedan 20 días para ir ver aos meus ídolos: Heredeiros da Crus.
Os que xa os escoitáchedes nalgunha ocasión, dirédesme: "Chorba, que carallo che pasa? HAHA son Heredeiros"
E que estou un pouco bastante obsesionada... Non sei.
Á miña compi de concertos e mais a min, danos a sensación de que todo o mundo os coñece menos nós... 
Por iso estamos trazando un plan moi complexo para colarnos nos camerinos de Sonrías Baixas e tal... non vos podo contar máis ._.
Estoume dando conta de que esta entrada non ten pes nin cabeza, pero é igual, vós xa me entendedes... Ou non ._.
Pois iso: a xente que se burla de min porque Heredeiros sexa uns dos meus grupos favoritos, A TOMAR FANTA VOS IDES.


venres, 13 de xullo de 2012

Agora mesmo...

...alguén lle busca forma ás nubes.
...bastante xente cóllese da man, bícase ou calquera outra asquerosidade.
...alguén calcula memeces sobre física, quimica ou cualquera cousa así.
...alguén está a insultarme.
...tamén a ti.
...hai xente sendo feliz cun libro.
...hai 8723891 veciños espiando pola fiestra.
...España vai peor que o instante anterior.
...a miña conexión a internet é unha merda.
...moitas persoas chonis estanse fotografando no espello.
...a Muller de Negro está matando a un neno.
...hai xente que intenta cambiar o mundo.

Mentres tanto, intento que non se me caia a Coca-cola ao beber da lata.

martes, 26 de xuño de 2012

domingo, 17 de xuño de 2012

Romarías sentimentais.

—Encantado, son—Non me acordo de seu nome, deume a  man.
Estaba fría. Non me agarraba forte.
Achegouse, dous bicos. Pouca xente me saludara (despedira) así.
—E ti es...
—Afra, son Afra...
—Pois encantado, Afra.—Falábame mirándome ós ollos.—Supoño que non nos volveremos ver, pero acórdate de min.
Asentín. Marchou.
—Creo que lle molas.
—Eu non.

Flaca,

no me claves tus puñales tan profundo...


Guitarra, acordes, hamor con h.
Non, non me gusta, claro que non.
Coincido con ela.
Se fose menos creido...
Cuncas, viño, vella, xustillo, chaqueta, no hajo daño, antes do concerto.
Flaca, durante.
Nada, despois.
Non sei se entendedes o que quero decir.
Non o quero.
Imposible.
Será a teoría do amor platónico.



xoves, 14 de xuño de 2012

Headbangings.

Ola, señor ataques epilépticos.
Aquí a entrada que che prometín.
Bueno, iso, no sé que decir...
Supoño que o que puseches no teu blog...
SPAM
pero á inversa, non?
Iso, que ás veces me das medo, ou ben cando te dan eses ataques epilépticos ou ben cuando te quedas durmido enriba da mesa e pareces morto.
Cando, nos bailes de E.F. fas "vergüenza ajena" ou cando marcas o ritmo de esa maneira tan... tua?
Eres esa "típica" persoa que primero merca a camiseta dun grupo e logo o escoita (que conste que eu ás veces o fago) e defensor do nome de R.A.T.X., "compi de grupo", etcéteras... E QUE ALGÚN DÍA ME ADICARÁ UNHA CANCIÓN EN M80, VERDADE? e.e
Pois iso, que eres moi bo amigo e así. Mola que nos puxeran por orde de lista e todo.

P.D.1.: Estás perdonado, molou e todo falar con Esperaunrato.
P.D.2.:Non ten moito sentido a entrada, pero éche indiferente, e se non, jódeste. (?)
P.D.3.: Leiras e demáis fumetas de clase. Non, no me gusta. (Leiras, sei que les o meu blog. Encántache.)

venres, 8 de xuño de 2012

(I can't get no) Satisfaction.


The show musn't go on.

—Sal aí, déixaos coa boca aberta.
—Non vou poder.
—Sí, sempre podes, esta vez non será diferente.
—Non vou poder.
—Sal, sairá ben.
Aplaudían. Ela sonrría. Tropezou. No se levantou.
Aínda que o espectáculo debía continuar, ela no o fixo.

Coma sempre.

Coma sempre.
A rutina.
Da noxo.
Ás veces, detalles que valen a pena.
O resto, merda.
Coma sempre.
Abrín internet.
El té de las diez.
Baka No Writter.
Una historia sin sentido.
Todos locos.
Ataques epilépticos y otros quehaceres.
Aullidos oníricos.
Entradas boas, coma sempre.
Complexo, coma sempre.
Comentar, coma sempre.
Non hai ganas, coma sempre.
Síntoo, coma sempre.

luns, 28 de maio de 2012

¿Que vos parece a nova etiqueta?

"Fogar de Breogán". A min éncheseme o peito de orgullo ao pensar que pertencemos a isto. Fragas, montes, rías, regueiros, carballos, andoriñas. Non cheirades a lareira acesa no inverno e os chuchameles na primavera? O son dunha gaita ao compás dunha muiñeira, unha jota. Estomballarse na herba a carón dos amigos. Ir de festa. "Ghastar pista". Cantar, aturuxar. E sentirse galego.
Non sei que sería de min estando afastada dunha terra á que lle teño moito aprecio. Morriña, saudade. Invádeme a tristura de pensalo...
Adiós ríos, adiós fontes
Allariz, fogar de Tareixa mais Mariña.



domingo, 27 de maio de 2012

Galicia xa é de primeira.

Para celebralo, queremos josar.

Ataques epilépticos y otros quehaceres.

Pois esta cousa tan extraña, é o título do blog do meu compañeiro de headbangins, baixista do noso grupo e ex "greñudo". Se lle da por escribir en clase de Margarita e claro, eu, coma sempre me pasa (anteriormente con Jazz) recoméndolles que sexan da miña "competencia". Xa sabedes:
Dedicádevos a ter ataques epilépticos y otros quehaceres.
Cunde.

venres, 25 de maio de 2012

Mi fuente de inspiración es el queso

Beso.
Eso.
Perro.
Hueso.
Complejo.
Perplejo.
Manejo.
Conejo.
Consejo
bueno.
Movimiento.

ESCORIA.

(entrada non traducida ao galego porque se a cambio, non rima)

mércores, 9 de maio de 2012

7 meses

Hoxe.
Xusto hoxe.
Exactamente hoxe.
Nin mañán.
Nin onte.
Nin pasado mañán.
Hoxe.

Hoxe fai 7 meses deo comezo da era A.M.T.#, da primera entrada que escribín naquel blog... Jo, canto tempo. Aquela entrada de reflexión... Fai clic AQUÍ

Dende o máis cursi do corazón.

Hoxe vin algo no que non reparara nunca... Pode que ás veces, cando no tiña nada mellor que facer si, pero nunca me decatara.
Vino alí, con elas, naquela moto sen motor que so andaba porque el quería. O seu sorriso: pequenos soldados en ringleira agardando ao contraataque. Eu, non lle coñecía moito...
Poeta. Dunha vez díxome:
—Mira, le isto.—Eu collín a folla vestida de letras descoidadas, coma él, coma min... e comecei a ler.— Enténdelo?—dixo decatándose da miña expresión de desconcerto.
Olleino, ollei a folla, relíno unha e outra vez, non o sabía.
—Morre alguén.—dixen cun tono interrogativo.
El botouse a rir.
—Non. Vale, non o entendes.—dicía mentras me quitaba a folla das mans. Entón ela interviu:
—¡Qué mierda es la literatura!


domingo, 6 de maio de 2012

Live forever.


Vilagarcía.

Vivo nunha cidade na que está prohibido pararse a falar na rúa, andar en skate e "cortexar" na vía publica.
Un bonito lugar para vivir, non si?

Ritual.


Análisis sanguinarios.

—Ah! Ah! Non! Non! Non me pinchedes!
—Mareaste?
—Mareo...
—Se te mareas témoste que levar á cama.
—Non, non me mareo

A.M.T.#, sempre dando a nota nas análises.

Veña, grita

Grito: Lingua oficial da miña casa, se estás afónico/a, estás jodido/a para comunicarte.

Erro 134971234

[Recargue a páxina para ver a entrada]
















¿E decides que con isto conseguirei visitas?

Noites pululando por aí.

Estaba eu tan tranquila intentando entrar nos sitios web que frecuento cando, Blogger cargou. Mirei as novidades, para ver se había algo un poco interesante para pasar o tempo...
"Oh, vaia! Jazz publicou máis entradas"
E dende ese momento quedei acomplexada e decidín xubilarme.

xoves, 5 de abril de 2012

Días de EXPIRACIÓN

Non, non estou moi inspirada estes días... Miña libreta estase a quedar en blanco... Por que? Ni idea... Sinto tristeza e melancolía á vez... Si, nenos, un novo amor non correspondido...Que merda, verdade? E este é bipolar... Cando está de malas, mellor non "acercarse"...
Déixovos un anaco do meu aburrimento en fotografías...

Comentade, que me sinto soa.

domingo, 11 de marzo de 2012

Criando malvas.

—Miña irmá... está criando malvas.
—Síntoo...
—Home, ela estudou dereito, pero aínda é bo que atopou traballo de xardineira. Non é para tanto.

Contradiciones.

Basta que me manden ler para odiar ler.
Basta que me manden debuxar para odiar debuxar.
Basta que me manden escribir para odiar escribir.
Basta que me mandes quererte para odiarte.

Consultorio amoroso de A.M.T.#

-Consultorio amoroso #T.A.M.
-Consultorio amoroso # M.T.A.
-Consultorio amoroso S.E.8.
-Consultorio amoroso Luy

Me gustaría seguir "ayudándoos". Mandadme un correo a "soy_ununicornioretrasado_ralph@hotmail.es" con vuestras cosas... y así, cuando no tenga inspiración, sé de donde tirar e.e

~De los orígenes

Donaciones

Se aceptan donaciones de sillas y sogas.. Finales indefinidos.

~De los orígenes.

Pareado asonante

Y sonriendo te clavé un cuchillo,
ya sabes, con cariño

~De los orígenes

sábado, 10 de marzo de 2012

*^*


Regreso (mentira).

Bos días, señores barra as.
Volvín da miña viaxe por Castigoporsuspender e, que dicir desta experiencia tan... tan... MECAGOHASTANAPUTA pouco máis e revento... Menos mal que tomo Activia para non sentirme hinchada (?) Bueno... Tenño un problema
Un serio problema.
Que decirvos no meu problema?
É un problema gravísimo.
Non volo podedes nin imaxinar.
O maior problema da historia...

NON ME QUEDAN FOLIOS

É broma, aínda me quedan os que me regalou miña tía pola comunión (Sí, regalaronme iso, vale?)
Bueno, estes días regresei das miñas orixes (nas que vivo todos os días, pero bueno) e estiven mirando fotos... Que recordos... Quero volver a ter cinco anos.
Si, e tamén quero un poncho.

mércores, 8 de febreiro de 2012

"Non molestedes, estou morrendo"

"Hai dúas cousas infinitas: o universo e a estupidez humana, e non estou moi seguro da primeira" Oh. Bonitas  palabras... O que non sabedes é que iso se refire a min, eu era a musa destas fases...
Perdín oportunidades... Por que non digo a verdade? Desconectarei o meu cerebro durante unha semana ou así... A ver que pasa.
Sabedes que? Agora mesmo podería estas asustando rapaces diante das Filipenses coa miña batería invisible, podería estar matando gatos e desaiunando nenos recheos de diamantes debaixo da nosa ponte. E criticando a comida do Mc Donal's e aos políticos.
Si, podería estar así, pero a neurona que me queda non atopou o amor. É malvada e egoísta.


Información Garrafone:

O seu saldo de dignidade rematou. Por favor, recargue no quiosco máis próximo ou calando a boca. Grazas.

domingo, 5 de febreiro de 2012

Regreso

Ola, chámome AMT e estou triste... porque o Sr. Mac non me quere loh mayoreh no me dejaban zitioh en er máh.

venres, 3 de febreiro de 2012

xoves, 2 de febreiro de 2012

Querido Sr. Mc.

Sei que o noso foi un flechazo, aínda que non o sepas... Todo transcurreu aquela noite (eran as nove, pero bueno) entre grasa e olor a frito, despois da chuvia... Ese día que FASÍA UN FRIO QUE MATABA MARICÓNS... chamáronte, viñeches... Compartimos música, quedei coma inculta que son... Non te volvín a ver...
Firmado:
A.M.T.#


venres, 13 de xaneiro de 2012

Un mundo paralelo conmocionado

Alguén marchou... Deixou as nosas vidas... Por que? Ninguén o sabe... Quizáis quixo sentirse Kurt, ou facerse o interesante... Non... non era de ese tipo de persoas... Quen sabe? Fartámoslle... Pero así... tan de repente?
En realidade a ninguén lle importa... É triste que o clube de los bohemios perdera  un membro.
Descanse en paz.
Onde quera que estea.

Así, de repente

deixaches a túa arte de palabras e unha nota de suicidio medio escrita...

Como me aburría, decidín nacer.

Foi o maior erro da miña existencia.

Querida xente... Se estades aí:

Si, son A.M.T.#... Ou iso creo... Non escribo... Razón? Castigo... Quedáronme tres dos, por se non o sabíades... Bueno... Creo que cambiei, coma sempre... Agora dou noxo, son gilipollas e non lle caio ben a ninguén.
Algo que marcou me pasou recentemente, foi o enfado que tiven co meu ex-mellor amigo. No volo contarei, porque é unha tontería, aínda que segundo el, digo mentiras e blablabla.
Teño unha guitarra nova (algo bo). É vermella...
Feliz 2012... No me apetece facer un resumo do 2011... Non merece a pena...
Agora irei desafinar a miña guitarra e a romper cordas...

"CORTEN"

—Non ves? Pero mira como escribo! É unha merda... Que é da antigua A.M.T.#? Necesito odiar a alguén...
—Eu creo que...
—Cala! Godofredo... Onde estás? Necesito odiarte...

martes, 3 de xaneiro de 2012

Triste mensaxe...

Ola, A.M.T.#:
De verdade segues chamándote así? Porque sen nós, non creo que o sexas.
Que tal che vai? A nós ben sen ti. Xa nos encargaremos de insultar a Go por ti. Bo Nadal e próspero 2012, avisa cando te sintas receptiva.
Fdo: A ironía, o sarcasmo e esa cousa que facía as túas entradas diferentes.

Hora da cea, rapaces

Chegou a hora da cea. Moría coa fame.
Como ritual de todas as noites, abrín o frigorífico: Danacol, Actimel, paté con moho, salpicón, quixo, Fanta, chourizo...
"Dificil decisión, tomarei un pouco de todo".

luns, 2 de xaneiro de 2012

The end


ASDF MOVIE


Vida.

Sentada no sillón mirando fixamente ó televisor en branco, imaxinaba na miña mente o que quería ver.
Eu era a protagonista, a protagonista da miña vida. Mentres non morrín, estiven imaxinando a miña vida perfecta. Deixei este mundo sen ter vida.

O clube dos bohemios

Eran catro tolos sentados ao redor dunha mesa: un gato, un WC, unha psicópata e unha ninguén.
Discutían sobre a arte da palabra, pero en realidade, ninguén posuía verba ningunha.
Encontráronos mortos á mañá seguinte.
Ninguén os matou, morreron eles mesmos.