a sala está chea de escuridade, unicamente interrompida polo fulgor que emerxe da televisión. nela hai sangue, corpos desmembrados, bombas, novo modelo de aspirador, rebeldes criminais, nenos esqueléticos, problemas de corazón non cardiovasculares, unha mamila feminina pixelada...
a miña fiestra é a única que fai ruído, pola noite, cando ves visitarme, cando che suplico que me toques na escuridade...
tócame!
o meu amor cara os mundos paralelos, cara a non realidade, o meu medo cara ela.
fágome pequena, moi pequena, pequena ata non ser ninguén aquí. desaparezo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario