Páxinas

mércores, 25 de febreiro de 2015

e non quero que volva

tres da madrugada. agardo ollando pola fiestra. na calma de cidade silenciada, unha ambulancia. síntome así.

sinto a chave, torpe pero experta. caes ao abrir a porta. arrástrote cara dentro, fecho, colócote para que non afogues no vómito que eu limparei mañá, unha manta enriba. boa noite, hoxe tamén solitaria. si, podería durmir con outras persoas, máis así sinto que si, aínda que ás veces pense en saír cando ti entras e caes, en deixar unha nota, en que un día chegues e eu non estea limpando os pratos. síntome así.

pero quero axudar, sempre me queda iso. eu axudo, inténtoo. sae mal e afundo. non son quen de axudarte, non son quen de salvarme. síntome así.

un día chegan caraveis e non é 25 de abril. detrás deles, ti. e todo pasou e non quero que volva e non quero que volva e non quero que volva e non quero que volva e non quero que volva e non quero que volva e non quero que volva e non quero que volva e non quero que volva. síntome así.

falamos do opio e problemas menores. e non quero que volva. falamos... eu que sei? síntome así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario