Páxinas

venres, 13 de febreiro de 2015

profesionalidade

o meu principal defecto coma profesional do asasinato, é a necesidade que me obriga a voltar ao escenario do crime.

ás veces pode ser ao día seguinte
ou á semana seguinte
ou ao mes
ou ao medio ano...

porén, o lugar no que repousou o teu corpo, véxoo, coma por primeira vez, como paralela allea, día si é día tamén.

xuro que intento non facelo, fago por evitalo, pero non podo deixar de pensar no sangue, os pasos a ningures, a escuridade, a intimidade case romántica que nunca máis foi.

o sangue deixou de fluír polos meus vasos e de bañar as miñas válvulas cando decidín establecer a fin.

quizais o cadáver leve a túa cara, pero o cerebro que apodrece son eu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario