Páxinas

martes, 24 de febreiro de 2015

Eu, estigma

seime coñecedora dos meus estigmas, morro un pouco cando teño que descubrilos, que confiarllos a alguén. exteriorizo e logo pregúntome, por que? non o sei, Eu, non sei por que camiñamos pasivamente, por que non es quen de deixar ás persoas, por que te aferras pero aceptas que te abandonen. non sei, Eu, todo é moi confuso, nada me gusta, as cousas abúrrenme. teño medo, sempre medo de ser eu mesma, de rachar co que mo impide, dos blablabla. de dicir non. de dicir si. de dicir non sei. sorrir arcaicamente. a estupidez de exteriorizar con bágoas de rabia, de súpeto, seino.
o cuestionamento. ataca coma treboada, a todos os meus puntos, desde axentes, inofensivo, a simple vista, amigos.
toco a corda coa punta dos dedos, pero non medro, non son quen de acadala. tocala, sentir a súa aspereza, a dureza do traxecto para saír.
seime coñecedora dos meus estigmas, seime coñecedora das miñas responsabilidades, das miñas debilidades. a columna resíntese. gretas de antigüidade, de vellez. non sei como máis facelo. axuda, por favor, o pozo está escuro, o lodo polos xeonllos. vai frío e a humidade cala
no fondo.
salvación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario