ver o sol en fotos de pernas, prodúceme tristura, desacougo cando son consciente das condicións que pertencen aos portadores das extremidades que se ven na imaxe.
estou fechada a maior parte do día. o sol está máis lonxe desde a parte interior da fiestra, o futuro afástase nesta incapacidade.
só quero poder ser libre de escoller, que todo o mundo poida, que non dependa a miña desexada capacidade duns cantos vampiros que voan no ceo cincento baixo o astro mudo.
non sei, quizais acostumarme ao cheiro dunha cidade modesta, tirarme á herba sen zapatos nos días de sol de inverno, durmir a sesta nun nicho, brincar na noite desprendendo adrenalina.
non sei, co pouco que queda, todo queda lonxe... quizais loitar?
Ningún comentario:
Publicar un comentario