Páxinas

sábado, 27 de abril de 2013

#PostureoChicas

Síntome un home. Sí. Non o son, seino, pero síntome iso. A cousa vai así: hoxe, en Twitter (xa sei que non adoito falar de Twitter, pero isto tiña que decilo), fíxose TT o hastag "#PostureoChicas". Tras ler algúns dos tweets con este HT, quedei alucinada. En que clase de sociedade vivimos?

Porque claro, todas nos maquillamos, todas levamos falda e ninguén lava os dentes.
Nestes tweets, escritos por rapazas, aínda por riba, déixannos coma unhas materialistas, parvas e dependentes. Personalmente (e polo que puiden comprobar, a máis xente), paréceme así como machista, degradante. É coma se non pensaramos, coma se fósemos un obxecto, algo que ten que estar en todo momento perfecto. Presumidas, coquetas e vivindo para conseguir o amor dese rapaz que pasa de nós.

Por se non o sabiades, as mulleres non somos capaces de ser diferentes e tal...
Ó mellor, esas rapazas, logo din que "non lles importa o que pensen delas". Non? Non están seguindo a corrente da sociedade? A corrente dos roles impostos á muller dende tempos inmemoriables? E as demáis, quedamos como macholos e coma... eu que sei? 

Como non teño que estudar, escribir e intentar culturizarme e hoxe á noite teño unha supermegachachi saída, pois é unha maneira de manter a mente ocupada

Non sei se esta entrada ten sentido, se alguén me vai ler, pero o único que me da esperanza, é que aínda hai xente que pensa, xente que razona, e xente que sabe o que hai.
Pero, quen sabe? Ao mellor hai máis do outro tipo. 

Somos inútiles dependentes do resto e non podemos amañarnos para facer estas tres cousas unha soa, queres que che faga "bsbsbsbs" para que mexes mellor?
Así pretendemos chegar á igualdade?

Supoño que quedei de radical ou algo así, pero non me importa, isto é o que penso. Como estes tweets, toneladas e toneladas deles.

10 comentarios:

  1. Non quedas como radical nin nada polo estilo, quedas como una rapaza equilibrada. Segue así :3

    ResponderEliminar
  2. O que se describe en isos tuits no son mulleres, son gilipollas.

    ResponderEliminar
  3. Ben! Alguén máis que pensa así! Sinto ler isto tanto tempo despois pero non podo máis que dicir que estou a tope contigo :)

    ResponderEliminar
  4. Creo que me vou pasar a vida leendo o teu blog. Noraboa !

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Se non morro eu antes, paréceme correcto. Grazas!

      Eliminar
  5. http://merialice.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar