Como estou eu?
Que por que fago isto? Pois para informarvos de por que non subo nin unha entrada por día, e é que escribir escribo, pero digamos que os meus ultimos "poemas" ou ben son moi persoais ou ben teñen un carácter erótico-festivo. Ambas cousas me impiden publicalo, sobre todo o último. Por que? Pois porque estou tan tola e son tan agarrada que non quero compartir con vos determinados acontecementos históricos.
Así pois,
Se comentarades, faríadesme a frustrada máis feliz do mundo.
Firmado:
Virgulinha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario