—Suba aí, que lle vou tomar o peso.
A rapaza, subeu á maquina coa menor roupa posible.
—Non pode ser...
—Que pasa, doutor?
—Cento setenta e tres quilos...
—Como pode ser iso certo? Eu me botaba setenta...
O doutor quedou ficando preocupado cara a balanza e á rapaza, que xa se estaba vestindo, acendéuselle a bombilla.
—É o peso da conciencia.
—Peso da conciencia?
—Sí, últimamente ando coa cabeza un pouco cargada. Debe ser o peso que se forma ao non enterarte da túa propia vida e ao añorar calquera tempo pasado, non sei...
—Queres cita no psicólogo?
—Por favor. Aínda que non creo que sirva de moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario