Páxinas

luns, 10 de febreiro de 2014

Deformacións.

Unha música melancólica soa na miña cabeza acompañando aos días de chuvia. Penso en todo e penso en nada: vexo vidas acabadas, existencias alongadas, soños incomprensibles, sorrisos finxidos, hipocresía. Non son diferente, son unha deformación da realidade. Eu: monstro. Eu: alma destino Santa Compaña.
Vou por un camiño fermoso, de súpeto tropezo cunha pedra e teño que dar volta. Ao lonxe vexo un rabaño de ovellas. Van cantando cancións de campamento entre unha fumareda de felicidade sen saber que un pouco máis adiante hai un precipicio. Afástome antes de que me vexan. Corro. Unha cova parece un sitio seguro, pero unha das ovellas perseguiume. Agárrome ás pedras, deixando regos de sangue. Non quero saír. A luz do Sol cégame. Átanme, lévanme con elas cara o precipicio e súmome no doce desconcerto de cancións de campamento e fume de felicidade. Prefiro morrer. Xa. Lingua de sangue. Eu: monstro. Eu: alma destino Santa Compaña. Eu: deformación da realidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario