Páxinas

mércores, 19 de febreiro de 2014

New Y... Compos, Compos...

Chove en Compostela. Eu non estou alí para velo. Din que é a mesma chuvia que cae aquí, pero non, unha pinga que cae enriba da catedral non pode caer á vez enriba do meu tellado. Santiago: cidade dos meus soños, por onde corro e berro cos ollos pechados cando quero fuxir da realidade. Sempre hai algo que me impide achegarme, e cada vez está máis distante, pero non se move.
Non sei o que ten que me atrae, que me leva a desexar ir aínda que sexa para facer nada. Chove en Compostela. E eu non estou alí para velo. Xente esquivando pingas de chuvia por riba do chan empedrado e máis cousas, cousas coas que soño e non podo ver.
Noto como a enfermidade vén, achégase e faime tolear...

Ningún comentario:

Publicar un comentario