Páxinas

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Catalepsia.

Sinto como a ninguén lle importo: no aire mestúranse suspiros de alivio con voces de "Xa era hora" e "Chamade ao enterrador". Xuro que non estou morto, só ausente en vida desexando falecer por ter descuberto a verdadeira cara do mundo, as malvadas intencións, o finxido aprezo... tamén o dela. Fiquei morto dende que escoitei a súa voceciña de azucre entre a multitude que se ría da miña finxida morte... "Xa non me volverá tocar con esas mans de ladrón". Crinme ladrón ata aquel intre pero descubrín que non roubaba bicos, nin miradas, nin sentimentos... Tocábaa coma se fose unha viola, coma un músico intentando conseguir o mellor son. Non era nin músico nin ladrón. Enterráronme e xa, nin cerimonias nin nada. Así mellor. A catalepsia prodúceme dúbidas: non sei se rabuñar o ataúde por dentro berrando ou se morrer quedo e silandeiro. Boas noites.


Ningún comentario:

Publicar un comentario