Páxinas

martes, 30 de abril de 2013

Hitos de Invitado.

Ahora le ha dado a Afra porque otros hagan entradas en su blog, ¿se estará volviendo vaga, o más vaga? No sé, ella sabrá lo que hace con su blog. Eu non falo galego, por iso hago isto en español, aunque sei algunas palabras, pero pocas. En cualquier caso, estoy poniendo en esta entrada lo primero que se me ha ocurrido, como no sabía que poner.

Dirty Magic (1992/2012) La misma canción, veinte años de diferencia, más o menos los años que tengo yo ahora. ¿Cómo pasa el tiempo eh? Ah, espera, que en realidad eso es un invento de las personas, una ilusión, sólo queremos medirlo como si fuese algo manejable. Lo sería si pudiesemos viajar en el tiempo. La ciencia-ficción no cuenta.

Hitos, de Baka No Writter.

domingo, 28 de abril de 2013

VIRGULINHA INFORMA...

... Os domingos pola mañá, dende a casa da Collona para toda la siudá (8)

Ola, amigos barra as, pingas de chuvia e peregrinos. Benvidos, un día máis a "Seica chove". Hoxe, pensando ocorréuseme unha idea. E é a seguinte:
Xa que hai bastantes bloggers aos que admiro, gustaríame que os interesados, falarades comigo e que, configurando isto e o outro, publicarades unha entrada no meu blog... Non sei. Vale, na miña mente era mellor. Pois iso.
Sei que ninguén me vai facer caso, acabarei apuntando á xente cunha pistola. Nada grave.
Que vos aproveite.

sábado, 27 de abril de 2013

#PostureoChicas

Síntome un home. Sí. Non o son, seino, pero síntome iso. A cousa vai así: hoxe, en Twitter (xa sei que non adoito falar de Twitter, pero isto tiña que decilo), fíxose TT o hastag "#PostureoChicas". Tras ler algúns dos tweets con este HT, quedei alucinada. En que clase de sociedade vivimos?

Porque claro, todas nos maquillamos, todas levamos falda e ninguén lava os dentes.
Nestes tweets, escritos por rapazas, aínda por riba, déixannos coma unhas materialistas, parvas e dependentes. Personalmente (e polo que puiden comprobar, a máis xente), paréceme así como machista, degradante. É coma se non pensaramos, coma se fósemos un obxecto, algo que ten que estar en todo momento perfecto. Presumidas, coquetas e vivindo para conseguir o amor dese rapaz que pasa de nós.

Por se non o sabiades, as mulleres non somos capaces de ser diferentes e tal...
Ó mellor, esas rapazas, logo din que "non lles importa o que pensen delas". Non? Non están seguindo a corrente da sociedade? A corrente dos roles impostos á muller dende tempos inmemoriables? E as demáis, quedamos como macholos e coma... eu que sei? 

Como non teño que estudar, escribir e intentar culturizarme e hoxe á noite teño unha supermegachachi saída, pois é unha maneira de manter a mente ocupada

Non sei se esta entrada ten sentido, se alguén me vai ler, pero o único que me da esperanza, é que aínda hai xente que pensa, xente que razona, e xente que sabe o que hai.
Pero, quen sabe? Ao mellor hai máis do outro tipo. 

Somos inútiles dependentes do resto e non podemos amañarnos para facer estas tres cousas unha soa, queres que che faga "bsbsbsbs" para que mexes mellor?
Así pretendemos chegar á igualdade?

Supoño que quedei de radical ou algo así, pero non me importa, isto é o que penso. Como estes tweets, toneladas e toneladas deles.

mércores, 24 de abril de 2013

Non-retorno.

O souben no intre no que deixei de escoitar o balbordo da nada para sentir só a súa voz, cando só eramos dous, cando me sentía ben ao seu carón e non me facía falta nada máis e logo, estiven segura, por completo.
E así acabou. Rematou o meu punto de non-retorno. Irrepetible, desgraciadamente, o sei... E se non o é, que sexa benvido o Non-retorno 2.0.

luns, 15 de abril de 2013

Respetemos a sociedade.

Vale.
A sociedade. Respetémola.

Nós temos que ser as sentimentais?
Nós temos que arreglarnos?
Nós temos que maquillarnos?
Nós temos que soñar con armarios cheos de roupa?
Con perfumes caros?
Con estantes e estantes de zapatos?
De tacóns que semellan zancos?

Son un home.

As preguntas retóricas serven para isto.

"Detrás dun gran home hai sempre unha gran muller"?

domingo, 14 de abril de 2013

Dime.

Dinme tola.
Dime.
Dime ti que son.
Que somos?
Somos dous.
Dous ou un?
Un ou dous.
Tres
e catro.
Dinme tola.
Dime.
Cando iremos
hacia o paraíso?
Cando poderei abrazarte
día e noite?
Noite e día.
Non sentir ausencia.
Non sentir mágoa.
Non sentir.
Dinme tola.
Dime.
Dime ti quen son.

Débiles.

Por que non podemos escoller estar sós sen que nos miren mal?
Por que temos que seguir as pautas desta sociedade dominada por imbéciles?
Por que para sentirnos ben temos que ser máis que o veciño?
Por que necesitamos a aceptación dos que atoparon a aceptación a cambio da súa personalidade?
Por que xulgamos sen ser xuíces?
Por que temos que cambiar a nosa opinión ao escoitar a dos demáis?
Porque somos débiles e a sociedade é cruel.

venres, 12 de abril de 2013

A Palabra.

Atopei a miña Palabra.
"Palabra", con maiúscula.
A miña.
Non a atopei, a verdade: atopáronma.
"Vermello". Tamén en feminino.
E pensei... Si. Vermello.
Por que?
Porque a miña guitarra é vermella.
O día que o descubrín levaba un xersei vermello.
O meu pelo é vermello.
O meu estoxo, vermello.
A miña antigua mochila (vítima da obsolencia programada), vermella.
O meu sangue, vermello.
O meu diario, vermello.
A miña habitación, case vermella.
A grapadora, vermella.
O estoxo das lentes por dentro vermello.
A ausencia que sinto, vermella.
E as miñas ideas, din que vermellas.

luns, 8 de abril de 2013

Chuvia informativa.

Como están os meus peregrinos? Francamente, querida, impórtacheme un carallo.  Que vos vou dicir, amigos? Xa sei que sabedes que este blog e os meus escritos en xeral son unha merda, pero intento que non vos dedes de conta.
Como estou eu? Jodida Ben, ben, isto de ser unha fucker escritora frustrada lévase ben.
Que por que fago isto? Pois para informarvos de por que non subo nin unha entrada por día, e é que escribir escribo, pero digamos que os meus ultimos "poemas" ou ben son moi persoais ou ben teñen un carácter erótico-festivo. Ambas cousas me impiden publicalo, sobre todo o último. Por que? Pois porque estou tan tola e son tan agarrada que non quero compartir con vos determinados acontecementos históricos.
Así pois, ME LLENA DE ORGULLO Y SATIS deica logo.
Se comentarades, faríadesme a frustrada máis feliz do mundo.
Firmado:
Virgulinha.

sábado, 6 de abril de 2013

Por que?

Pois porque se me falta, quedo máis soa no mundo, sabedes? Noto, cando non está, que todos me miran a min, e que eu, non teño a quen mirar.
Non, non merezo nada diso. Considérome alguén con sorte e, en calquera momento algo pode facer clic e cambiar todo, e saudar de novo á miña vella amiga Soidade.
Fai todo na súa xusta medida, non me malacostumbra, non. É un contagotas de abrazos, e, no fondo, gústame cando me di "Te lo dije". Fai que non ande con cara de cú, e tranquilízame cando hai que tranquilizarme, cousa da que eu non son capaz.
Sabedes iso que din que na adolescencia se fan moi boas amizades? Agardo que sexa así.

venres, 5 de abril de 2013

Necesito...




Respitar...





Reflexionar...





Morrer...






Esquecer...







E pasar a limpo
os meus pensamentos.

xoves, 4 de abril de 2013

Remuiños psicolóxicos.

Íao odiando sen querer
quería querelo,
pero el non quería.

Remuiños podres,
rumuiños que papan todo,
remuiños dos que non se sae,
remuiños aos que me tira.

Teño que sair,
quero sair,
non quero planificar
                         -máis asasinatos surrealistas.

DÉIXAME SAIR!

Non me atrapes!

Choro en silenzo,
                           -agardando a que durma a Lúa.

SAL DE MIN!
Diaño!

Bolboretas asasinas
que me fan morrer.
Quero vivir sen elas.

E lembrar o que vivín
                              -sen ti.

martes, 2 de abril de 2013

Recordos pasados: O Sr. Godofredo.

Hoxe cando ía andando a algún lugar, ocorreuseme esto de contar a miña vida por experiencias (ou algo así). Hoxe quero describirvos a etapa pre-Go. Os que me levades lido durante séculos, saberedes quen é. Ou quen foi. Ou polo menos tendes unha idea. Pois ben, sacando o de que foi un (non é ético falar dalguén que non está presente), este home (ou o que sexa), cambiou, penso que para ben a miña vida. Como era eu antes de isto?
Era feliz. E o sigo sendo, eh? Aínda que teña momentos emos. Era multicor, tamén e máis rara que agora (si, iso é posible).
Non tiña nin cultura nin personalidade nin nada diso (agora incrementei eses aspectos algo) e só me entereba da última canción de Pitbul ou do último vídeo de Lady Gaga. Unha imaxe vale máis que mil palabras:
Vamos, que era isto. 
E logo chegou Go, e fun mutando. Fin.

Diferente? Diferente.

Non son diferente: son rara.
Véñenseme á cabeza xente diferente de verdade.
Sabes quenes son esas persoas?
As miñas musas e os meus musos.
Se os viras pola rúa, quedarías ficando quieto (ou quieta) un bo rato e pensarías en voz alta:
"Este é muso de Afra."

Sentimentos de cine.

Sentirse como Guido cando ten que mentir ao seu fillo.
Coma Alex cando escoita a 9ª sinfonía despois de someterse ao experimento que lle anulaba a súa parte criminal.
Como Vicent cando a Mia lle da unha sobredose (pero eu aínda non atopei a adrenalina).
Como Eve cando morre V.
Como cando a vida de Cherrie se converte nunha merda, en primeira persoa.
E, supoño, que coma se sinte a tipa de "Levouno o vento" despois de que o ghicho lle diga "Francamente, querida, impórtacheme un carallo".
Sabedes que? A min tamén.

Só escoito.

Aguén se dará conta?
Alguén non me ignora?
Alguén quere saber de min?
Non.
Iso é absurdo.
Só escoito.
Non falo.
Só escoito.
Falar e unha carga para os demáis.
Só escoito.
Nunca máis falarei.
Só escoito.

luns, 1 de abril de 2013

Peso de conciencia.

—Suba aí, que lle vou tomar o peso.
A rapaza, subeu á maquina coa menor roupa posible.
—Non pode ser...
—Que pasa, doutor?
—Cento setenta e tres quilos...
—Como pode ser iso certo? Eu me botaba setenta...
O doutor quedou ficando preocupado cara a balanza e á rapaza, que xa se estaba vestindo, acendéuselle a bombilla.
—É o peso da conciencia.
—Peso da conciencia?
—Sí, últimamente ando coa cabeza un pouco cargada. Debe ser o peso que se forma ao non enterarte da túa propia vida e ao añorar calquera tempo pasado, non sei...
—Queres cita no psicólogo?
—Por favor. Aínda que non creo que sirva de moito.