Non, non veño buscando escribir un poema, non son capaz. Teño a testa ateigada de merda. Merda. Bostas. Sentimentos. Sentimentos contradictorios entre si. Por que escribo isto? Porque non teño a ninguén que contarllo, ou probablemente si, pero non teño forzas nin ganas, e non son capaz de soltalo sen pensalo. Ou tamén é que teño medo a que non me entendan. Para que enganarnos? Ninguén me quere escoitar. E a quen ao mellor me quere escoitar, non llo podo dicir.
Sempre dixen que me sinto baleira. Aínda que non o pareza: Son un corpo, cheo de graxa pero unha mente baleira de boas ideas. A xente ten a teima de apiadarse de min, o sei. E por iso, tentei moitas veces de deixar isto de escribir, pero é o único que me enche, e se gardara as cousas para min, sería mellor.
Non me estades entendendo, verdade? Nin eu son capaz de entenderme. Lede todo e logo cada quen que saque as súas propias conclusións.
Baixa autoestima, tamén é ese o problema. Botámoslle a culpa á sociedade, pero se tivéramos unha mente firme, non nos importaría nada do que nos dixeran a nós ou de nós.
As palabras doen, demasiado, aínda que me quera facer a forte, non son quen de ignorar esas verbas de incapacidade. "Non fun capaz". É todo un sen sentido.
"Inútil", "Parva", "gilipollas", quen diría que o estaría escoitando todo o día.
Probablemente este sexa un trance depresivo destes que veñen mensualmente, e tamén borrarei as entradas deste tipo. Mentres se me vaia isto da cabeza, falareivos de min.
Ningún comentario:
Publicar un comentario