Non anda, non ten patas. Pobre. Mentres se retorce no chan, eu abro o xornal.
Corrupción.
Malditos. Milleiros de persoas morrendo de fame, sen casa, e eles, rindo de nós. A xustiza? Eu xa perdín a esperanza, a verdade. Todo é un ciclo: Os condean por corruptos pero logo, mercan a súa liberdade. Políticos bos? Algún ha de quedar. Onde? Non o sei, pero andará por abaixo, aí arriba todos son escoria.
Frío.
Gústame. Mal tempo? Quen definiu o que é "bo tempo"? Para ti o bo tempo pode ser o sol, a calor, pero para min, clarísimamente significa chuvia, frío. Nacín onde debín nacer, aínda que din que chove máis en Santiago...
Xente que se escandaliza por parvadas e desleigados.
Anda! Unha columna en galego. A mandarei a algún museo ou a porei nalgunha vitrina.
Rúas con nomes repetidos en Vilagarcía.
Vedes? Vou dicirlle ao noso señor alcalde que lle poña o meu nome a unha rúa, ou avenida: "Avenida da Torrada". Vale, xa paso folla.
Papas en elecións.
Nada que engadir, aló que se maten... Un representante de Deus non tería que ser escollido por Deus? Pregunto.
Castrapo... Máis castrapo...
Mira ti por onde! Poesía! Xeración do 27...
"Blablabla no auditorio de Vilagarcía." Hoxe é o Día dos Inocentes ou algo do que non me decatara? Pregunto. E que cultura na miña cidade...
Agarádeme! Traede a recortada! Que cara de paspán feliz gasta Rajoy, eh? Xa vedes. Éntrame un lume polas vísceras que... que fai que devolva.
Ts... Sempre lendo as esquelas e eu sen aparecer...
"¡Paraíso das Galegas! Nuevas chicas. 6 gallegas. 2 extranjeras. Superdiscreción." Mira ti para a seción "relax" de anuncios por palabras... Síntome Agustín Fernández Paz.
Quen non pensou nunca en seguir os pasos de Séneca?
Ningún comentario:
Publicar un comentario