Páxinas

sábado, 30 de marzo de 2013

Agora mesmo, estou morrendo, deixe a súa mensaxe despois do sinal.

—Ten cinco mensaxes de voz.

Piiiiiii.
—Amor, que cando queiras podes vir buscar o tuper coa fabada do outro día, que xa sabes que cada día que pasa está mellor, pero non aguanta eternamente e xa sabes que á túa mamá lle gusta esaxerar coa comida.

Piiiiiii.
—"A clockwork orange", unha manta, patatas fritas, que me dis? Van vir todos, non podes faltar. Hai tempo que non sei de ti, non se che ve o pelo. Chámame.

Piiiiiiii.
—Nos hemos quedado asombrados con su currículum. Si a usted le parece bien, podría empezar el periodo de prueba en nuestra empresa la semana próxima. Póngase en contacto con nosotros previamente, si es tan amable.

Piiiiiiii.
—Son Mara. Estou por ir a Barcelona unha semaniña en plan escapada, e como sei que che gusta esa cidade, pensei en ti. Que dis? Pido dous billetes? Non se che ve o pelo, amiga. Chámame, escríbeme ou algo.

Piiiiiiiiii.
—Que é dos teus pensamentos?

E deixouse caer enriba da cama para, posteriormente, eliminar os seus recordos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario