Páxinas

sábado, 30 de marzo de 2013

Agora mesmo, estou morrendo, deixe a súa mensaxe despois do sinal.

—Ten cinco mensaxes de voz.

Piiiiiii.
—Amor, que cando queiras podes vir buscar o tuper coa fabada do outro día, que xa sabes que cada día que pasa está mellor, pero non aguanta eternamente e xa sabes que á túa mamá lle gusta esaxerar coa comida.

Piiiiiii.
—"A clockwork orange", unha manta, patatas fritas, que me dis? Van vir todos, non podes faltar. Hai tempo que non sei de ti, non se che ve o pelo. Chámame.

Piiiiiiii.
—Nos hemos quedado asombrados con su currículum. Si a usted le parece bien, podría empezar el periodo de prueba en nuestra empresa la semana próxima. Póngase en contacto con nosotros previamente, si es tan amable.

Piiiiiiii.
—Son Mara. Estou por ir a Barcelona unha semaniña en plan escapada, e como sei que che gusta esa cidade, pensei en ti. Que dis? Pido dous billetes? Non se che ve o pelo, amiga. Chámame, escríbeme ou algo.

Piiiiiiiiii.
—Que é dos teus pensamentos?

E deixouse caer enriba da cama para, posteriormente, eliminar os seus recordos.


martes, 26 de marzo de 2013

Falareivos de min

Non, non veño buscando escribir un poema, non son capaz. Teño a testa ateigada de merda. Merda. Bostas. Sentimentos. Sentimentos contradictorios entre si. Por que escribo isto? Porque non teño a ninguén que contarllo, ou probablemente si, pero non teño forzas nin ganas, e non son capaz de soltalo sen pensalo. Ou tamén é que teño medo a que non me entendan. Para que enganarnos? Ninguén me quere escoitar. E a quen ao mellor me quere escoitar, non llo podo dicir.
Sempre dixen que me sinto baleira. Aínda que non o pareza: Son un corpo, cheo de graxa pero unha mente baleira de boas ideas. A xente ten a teima de apiadarse de min, o sei. E por iso, tentei moitas veces de deixar isto de escribir, pero é o único que me enche, e se gardara as cousas para min, sería mellor.
Non me estades entendendo, verdade? Nin eu son capaz de entenderme. Lede todo e logo cada quen que saque as súas propias conclusións.
Baixa autoestima, tamén é ese o problema. Botámoslle a culpa á sociedade, pero se tivéramos unha mente firme, non nos importaría nada do que nos dixeran a nós ou de nós.
As palabras doen, demasiado, aínda que me quera facer a forte, non son quen de ignorar esas verbas de incapacidade. "Non fun capaz". É todo un sen sentido.
"Inútil", "Parva", "gilipollas", quen diría que o estaría escoitando todo o día.
Probablemente este sexa un trance depresivo destes que veñen mensualmente, e tamén borrarei as entradas deste tipo. Mentres se me vaia isto da cabeza, falareivos de min.

Escribía só por escribir.

Durmía só por soñar.
Comía só por non saír voando entre as nubes.
Andaba só por non botar raíces.
Aillábase só por non contaminar á humanidade.
Alonxábase del só por non morrer.

luns, 25 de marzo de 2013

Your lips move, but I can't hear what you're saying.

Ola, amigo.

Ou mente, ou conciencia, ou amante, ou muso... Ou ti. Como andas? (cos pés, claro). Eu non ando, estou sentada, dende sempre. Sentada non se avanza, só se a túa cadeira ten rodas, e o meu, é un tallo sen pintar. Antes tiña unha cadeira verde, con rodas, xa sabes, destas de oficina. Logo cambiena por unha de cociña, logo unha banqueta, así ata chegar a este anaco de madeira... É mellor sentar no chan.

Bótote de menos, onde te meteches? E é que a culpa é miña, antes te botaba de máis.

Agora estás fora de min, e non podo facer nada. Síntome insegura, téñome medo a min mesma. Preciso a túa voz, os teus beizos se moven, pero non podo escoitar o que estás dicindo. E ti, non queres escoitarme.

Soa, encerrada nun cuarto comigo mesma. Mírome con cara asasina, non sei se gritar e pedir axuda, ou matarme antes de que me mate a min mesma, non podo darme a espalda, xa que me podo cravar un coitelo de súpeto.

Suicida. Non, non podo selo, son diferente (ou iso quero) e o mundo é suicida. Buscamos a nosa autodestrución. Mira, onde eu vivo, a sete quilómetros do centro, case non hai contaminación, só se ve polas noites un pouquiño de luz ao sur, pouquiño. O caso é que polo de agora, podo ver as estrelas. Pero, dende o hotel aquel, dende un balcón da quinta planta, habitación quinientas e pico, mentres escoitaba música acompañada da respiración da miña compañeira de vida, mirei ó horizonte. Era coma un solpor artificial e que perduraba na noite. Noxento. Non había estrelas. Non había nada máis alá desa luz laranxa. Só había morte. Morte e dor. Morte e contaminación. Morte por suicidio da humanidade.

Necesitábao. Ninguén me quere escoitar.
E ti tampouco.


sábado, 16 de marzo de 2013

Frustrada.

Frustrada.
Frustrada coma nunca.
Máis frustrada que do normal.
Frustrada.

Agardando.
Agardando a unha morte segura
Semella lonxana... Semella.
Agardando.

Ilexibles.
Versos ilexibles,
pensamentos incomprensibles.
Ilexibles.

Frustrada,
frustrada nunha néboa de desconcerto.
Agardando,
agardando a que aparezan sentimentos ilexibles.

—E que a morte chegue á marquesiña na que espero.—


mércores, 13 de marzo de 2013

Reunión na testa.

Xa non o quería, non o quería querer, pero a súa mente suicida aferrábase ao seu recordo. Cada vez que pasaba por diante, seu sorriso permanente desaparecía, e era substituído por unha tristura enorme, que se quendaba con esa alegría de cando vía aos demáis musos. Os musos, iso era o que precisaba. Pechou os ollos e convocou unha reunión surrealista urxente.
-Mirade, pásame isto.
-Por iso non está aquí...
-Por iso.
-Joder, tes que limpar isto, cheira a miolo podre, eh?
-Iso é o que é...
-Cala, home! Hai que axudala!
-Perdón, chego tarde.
-Este tamén?
-Si, ese tamén. Senta.
-Xa sabes que lle pasa, non?
-Sei, sei.
-Pois ben, solucións?
-Brain storm!
-Mata a todos.
-Fala con el.
-Dalle a beber cicuta, seguro que lle gusta.
-Persígueo pola rúa e mátao.
A estancia converteuse nun caos de tormenta cerebral.
-Non, non! É todo inútil!- pensaba que a idea da reunión era desacertada.
-Mira,- unha das musas pasoulle a man pola espalda- olvídao, é mellor.
-Como?
-Que o mates!
-Cala! Non sei, céntrate nutra cousa...
-Iso! Céntrate en nós.
-É boa idea... Intentareino.
-Ademáis, cada día tes máis musos...
-Xa seredes trece...
-Deberías fundar un clube de musos.

Como anda o mundo?

Non anda, non ten patas. Pobre. Mentres se retorce no chan, eu abro o xornal.
Corrupción.
Malditos. Milleiros de persoas morrendo de fame, sen casa, e eles, rindo de nós. A xustiza? Eu xa perdín a esperanza, a verdade. Todo é un ciclo: Os condean por corruptos pero logo, mercan a súa liberdade. Políticos bos? Algún ha de quedar. Onde? Non o sei, pero andará por abaixo, aí arriba todos son escoria.
Frío.
Gústame. Mal tempo? Quen definiu o que é "bo tempo"? Para ti o bo tempo pode ser o sol, a calor, pero para min, clarísimamente significa chuvia, frío. Nacín onde debín nacer, aínda que din que chove máis en Santiago...
Xente que se escandaliza por parvadas e desleigados.
Anda! Unha columna en galego. A mandarei a algún museo ou a porei nalgunha vitrina.
Rúas con nomes repetidos en Vilagarcía.
Vedes? Vou dicirlle ao noso señor alcalde que lle poña o meu nome a unha rúa, ou avenida: "Avenida da Torrada". Vale, xa paso folla.
Papas en elecións.
Nada que engadir, aló que se maten... Un representante de Deus non tería que ser escollido por Deus? Pregunto.
Castrapo... Máis castrapo...
Mira ti por onde! Poesía! Xeración do 27...
"Blablabla no auditorio de Vilagarcía." Hoxe é o Día dos Inocentes ou algo do que non me decatara? Pregunto. E que cultura na miña cidade...
Agarádeme! Traede a recortada! Que cara de paspán feliz gasta Rajoy, eh? Xa vedes. Éntrame un lume polas vísceras que... que fai que devolva.
Ts... Sempre lendo as esquelas e eu sen aparecer...
"¡Paraíso das Galegas! Nuevas chicas. 6 gallegas. 2 extranjeras. Superdiscreción." Mira ti para a seción "relax" de anuncios por palabras... Síntome Agustín Fernández Paz.
Quen non pensou nunca en seguir os pasos de Séneca?

luns, 11 de marzo de 2013

No-Reseña: "Deseo de ser punk", Belén Gopegui.

Deseo de ser punk.
Título: Deseo de ser punk.
Autora: Belén Gopegui
Año: 2009
Editorial: Anagrama.

Este libro lo habré leído por primera vez hace como cosa de un año y, hace unas semanas, volví a cogerlo por refrescarlo para el club de lectura en el que estoy. La primera vez que lo leí quizás me sorprendió más, pero de todas formas, es un libro que recomiendo... Eso sí, con leerlo una vez, llega.
"Deseo de ser punk", va así, más o menos, de Martina, una adolescente incomprendida que no pertenece a ningún lugar. Vamos, lo que sentimos muchos y muchas y es que el libro, lo que hace, entre otras cosas, es un "retrato" bastante acertado de los adolescentes, ya que hay partes en las que uno mismo se puede sentir identificado.
El título, ya de por sí atrae (por eso lo leí la primera vez). No fue lo que yo esperaba, pero aún así, le doy mi visto bueno, una vez más. Yo esperaba... no sé, una historia "normal" entre quintas de guitarra, crestas, pogos, tachuelas, cuero y cosas así, pero nada de eso, eh? Si es eso lo que buscais, os llevareis algo parecido a una desilusión.
Por el libro adelante, hay un montón de referencias musicales (en las que hay escaso-por no decir nada- punk), y alguna que otra sobre cine o literaria... (puede que encontréis a V explotando cosas, o que en algún momento os pongáis a cantar inconscientemente.) Y tambien reflexiones merecedoras de ser estudiadas en filosofía (no demos ideas...). Hubo, una frase que me encantó (y a América también): "No nos echéis gases lacrimógenos, sabemos llorar solos." O algo así, vamos, que no lo copié al pie de la letra.
Resumiendo: Retrato de adolescente incomprendido, poco punk, referencias, reflexiones chachis y Virgulinha le da su visto bueno.

Mierda de "reseña" (que no lo es, porque no sé hacerlas)




domingo, 10 de marzo de 2013

Reseñas e non reseñas.

Como a todo o mundo, ou a case todo o mundo, gústame criticar á xente, e máis á que non coñezo de nada. Isto soa a "maruja", pero por criticar refírome a esas críticas constructivas. Por outro lado, gústame ler reseñas de xente á que coñezo (véxase Baka no Writter) e pensei: Que hai máis próximo a min que eu mesma?
Con isto digo todo. Teño pensado facer reseñas de libros, películas, discos e cousas varias, aínda que non sepa e aínda que me leades catro gatos, a miña opinión vos interese máis ben pouco e só entredes aquí para rirvos das miñas penas.
Fago esta entrada por "avisar" de que, naturalmente, dos libros que estean en castelán, farei reseñas en castelán (así para os máis radicais).
Ata outra, queridos.

sábado, 9 de marzo de 2013

Vacacións morais.

Os meus musos non puideron facer nada por min, ou eu non souben aproveitalos. Mexoulles un can enriba. A miña mente colleu unhas vacacións. Sen ela, os miolos de meu están a apodrecer. Eles? Eles saíron adiante, e ben orgullosa que estou deles, coma se foran fillos meus, aínda que, ironicamente, son maiores ca min. Eu quedo aquí, continuade, e non paredes cando me vexades co triángulo nalgunha autopista. Eu tamén debería tomarme un descanso.

martes, 5 de marzo de 2013

Cinco de marzo do dous mil trece, Carril.

Clase me matemáticas.
Coa compañía dos sistemas de ecuacións 
lineais con dúas solucións.

Síntome baleira, moi baleira, máis ben diría adurmiñada. Vexo, pasivamente, como moreas de persoas pasan por enriba de min superándome en todo: xa non teño nada que facer con isto de escribir, e menos en poesía, o debuxo xa me dou por vencida, e a pintura nunca foi o meu. 
Unha inútil, iso é o que son: unha inútil a parte de baleira, medio incomprendida. Digo "medio" porque sigo coa esperanza de que alguén me entenda. Sei que non vai ser así, pero está ben ter esperanza, pero non vivir de ilusións.
Un vaso, baleiro. Que me enche? A revolución? Nin para iso sirvo. A música? Non me vai o de esforzarme... Quizais ese sexa o problema... Que me enchería? Un abrazo sinceiro, non deses de "Hala, Afra, ya pasó"; contemplar con calma un luscofusco, mentres deixo a mente en branco, pero esta está ateigada de merda; ver a miña película favorita ben acompañada, e logo, poder obsesionarme con ela con alguén, non ser a tola que vai berrando por aí "ULTRAVIOLENCIA" e adorando as greñas de Alex soa.
Non son o bastante boa apara nada disto. Antes tiña esperanzas, agora non. Mente noxenta por dentro, graxa desproporcionada por fóra? Oxalá un personaxe de fición, oxalá non eu. Oxalá nós.
Como dixen sempre, marcho que teño que marchar: a cicuta xa está lista, o baño quente e o coitelo ben afiado.
A frustración continúa a extenderse coma un tumor maligno.
Fin.
Virgulinha.

luns, 4 de marzo de 2013

Almorranas sentimentais nun "CHAS!".

Foi cousa dun mes, por aí.
Dúbida, ledicia e depresión,
así en orde.
Agora saiume unha almorrana na pataca,
e non hai crema ningunha.
Sufro en silencio, xa está, nada máis.
E queimo poesías.

venres, 1 de marzo de 2013

Revolución!

Revolución!

Berros, lemas.

Revolución!

Pouco pan.
Tantos chourizos...

Revolución!

Cartos, cartos, cartos...
Onde?
Querémolo saber.
(Nos seus petos)

Revolución!

Lume, lume lume!

Revolución!

Lume.
Lume nas vísceras!

Revolución!

Mandatarios vomitivos!

Revolución!

Como nos representan?
Nós somos así?
Damos noxo.

Revolución é a solución.

NOTA: Non estou inspirada.