Páxinas

martes, 15 de xaneiro de 2013

Máis pingas, máis pingas!

Son consciende de que isto é máis ben un froallo, pero estou orgullosa de vós, homiños e mulleriñas.


Non sei que dicir *emociónase*. Vale, non, non é para tanto, pero é que me sinto importante. Gracias aos "Peregrinos" que pasan polo blog, e que volven (e recargan a páxina). Gracias aos musos, e musas, psicodélicos, psicodélicas, flacos e flacas da miña vida, os que me inspirades para escribir merda (non vos sintades ofendidos) e facedes que me frustre, e que escriba cousas deprimentes. Gracias aos que aínda sen ser galegos, vos esforzades para ler a nova cara de "Never Fuck Again 2.0". Gracias aos que estivéstedes "preto" dende o principio do meu bloggerío. Gracias ós I's Psicóticos, váteres parlantes e gatos surrealistas. Gracias a eses críticos literarios que collo por banda e lles obrigo a ler as miñas pallas mentais. Gracias a todas esas persoas, e máis.
Xa basta, coido que esta entrada está rozando a ñoñez.
Por certo, voume presentar a un concurso literario (dous se son pequenos). Desexádeme sorte, que é o que necesito. Polo demáis non hai nada que facer.
Agardo que isto, algún día sexa o máis parecido a unha treboada.
Graciñas, outra vez,
e non saiades da casa sen paraugas que vos poñedes coma pitos.

1 comentario:

  1. ¡Sorte en el concurso literario! (seica teñes máis que eu, que nunca gano) Os gusta recordarme lo del váter ¿a qué sí? e.e

    ResponderEliminar