Páxinas

xoves, 17 de xaneiro de 2013

Unha televisión que falaba e ninguén escoitaba.

Chovía, vaia se chovía. Nunca tal vira na miña vida. O cuarto estaba en silencio. Só chegaba aos meus oídos o son da chuvia e o rebumbio da gran cidade. Unha televisión que falaba e ninguén escoitaba.
Espertou de súpeto, coa suor fría pola fronte. Ollos escuros, miráronme. Deixei de observar á nada que había detrás da caixa parva para contemplar a súa mirada, brillante, mesmo semellaba gaza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario