Saín da casa cos carteis baixo o brazo.
Fun andando, a rúa dese pobo extraño para min, esa tarde, estaba deserta.
Ía frío, si, estábase ben.
Pero había unha tensión no ambiente, a pesar de que non houbese ninguén.
Cortei cos dentes o celo e, despois de darlle uns golpes ca man, apareceu unha señora, que veu, curiosa a interesarse polo papel aquel da marquesiña.
Comezaron a pasar coches e, dous velliños que ían nun tractor, saudaron felices.
Comecei a andar, de volta a casa e botei unha carreira telepática cunha vella,
os cans saudábanme.
Cheguei.
Cerrei a porta e axexei pola ventá. A xente parábase a charlar, feliz, rindo. Nunca tal vira...
Fora como se ao poñer os carteis, a xente saira á rúa, con esperanza...
¿Poderemos facer algo?
Non sei se poderemos facer algo, pero este é o camiño
ResponderEliminarA ver se o camiño leva a algo...
Eliminar