Páxinas

xoves, 1 de novembro de 2012

Liberdade.

Meu corazón palpita nunha gaiola,
lisa e sen pechaduras,
imposible de abrir:
unha gaiola.

Pregunta por ela.
Ou a caso a liberdade básase na cultura?
Unha persoa ignorante pode ser libre?

Non sabe que é,
pensa que é boa,
dixéronllo,
e non se equivocan.

Liberdade é o seu nome.

Berra entre saloucos,
pola noite,
desesperado por atopala.

Meu corazón perde a esperanza...

Como é?
Roxa, lacia?
Mirada escura, gaza?
Existe?
Ou é unha simple musa?

Aló a ven,
aclamada polos escravos
rompe a gaiola,
libérao...

Pero daquela, xa está morto...




3 comentarios:

  1. ¿Cando se che adican a ti as letras galegas?
    Posdeit: Tiña pensado utilizar esa foto nunha das miñas próximas entradas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mas adicarán cando estea morta e ninguén me coñeza. (?)
      Lol. Temos telepatía fotográfica (?) Jé.

      Eliminar