Páxinas

domingo, 25 de novembro de 2012

A 9ª sinfonía.

Abriu a porta. Ela estaba centrada na 9ª sinfonía. Virouse cara el.
— Que che parece?— non respondeu — Entendo, non tes palabras para...  Que fas?
El, como cousa dun relato do realismo, sacou da súa cazadora de coiro negro unha fouce e achegouse a ela.
Empezou a golpeala ca arma coma se fose un centolo acabado de cocer. A sangue, coma salsa de tomate, manchaba toda a estancia. Os ollos da rapaza miraban, fríos e inertes a un punto no infinito. El, nunha última acción, colleu a fouce e fixo o que se veu obrigado a facer, deixando xunto á moza, un cadaleito dunhas 19 primaveiras digno de fotografar.

2 comentarios:

  1. Eu o que non entendo é o da 9ª sinfonía...podesme esplicar o minirelato? Att: Bolli Jami.

    ResponderEliminar