Páxinas

luns, 31 de marzo de 2014

Querido ti:

Que dicir que non dixera antes? Que dicir que ti escoitaras? Que dicir? Contei días e meses. Contei miradas, contei... que sei eu o que contei? Conseguín desintoxicarme, conseguín deixar de sentir as túas ausencias, a túa ignorancia, os meus desasosegos. Xa non sei que quixen dicir todo ese tempo, só sei que te esquecín, que deixei de ser adicta ao teu recordo. Que fale a música (en pasado).


Ausencias Vermellas, 1º aniversario.

martes, 25 de marzo de 2014

Uf.






Agora cuspiríalle á cara,
pegaríalle cun tixolo
deica que quedara inconsciente,
e empezara a sangrar pola cabeza.

Pero............

 no máis profundo do meu subconsciente...

deixarme levar.

Cogito muso sum.

(non sei latín)

Non sei que escribir, escribo por facer algo. O ciruxián dixo que estaba todo ben, pero aínda teño un burato que sangra e un parche no cú, non sei que é da sanidade. Saquei un dez no exame dun deses libros que non lle gustan a ninguén... a min tampouco, así que non o lin: hai xente que fai resumos. Falando de cousas que non lle gustan a ninguén, podemos falar de persoas, e a profesora de filosofía non lle gusta a ninguén. A min si, non sei: vese que ten vocación e cando tes un profesor que non a raña, nótase a diferenza. Falando de profesores que non lle gustan á xente, poderiamos falar de xente que nos ensina cousas que non lle gusta a ninguén. A ninguén lle apaixonan os meus musos, e o agradezo: imaxinade que escribo algo sobre un muso e outra persoa escribe o mesmo: mal. Teño o Muso Alpha, que é o que máis me gusta, é o que máis me inspira e ao que máis cariño lle teño... Logo, o muso útil, que é o que me fai gañar cousas e que algún profesor me diga "unha descrición moi bonita". Despóis están os Musos Alpha Xubilados, que seguen inspirando, pero xa non é o mesmo. Por último, os musos que motivan e que estarías (estarás) triste se marchan. Facendo esta diferenciación entre musos, chegamos á primeira verdade: un nove en Filosofía. Vaime ben, pero podería irme mellor, sempre mellor, non teño ambicións.

xoves, 20 de marzo de 2014

asasina.

Nâo quero mais saber do lirismo
que nâo é libertaçao.

MANUEL BANDEIRA

cuspín,
tirei todo
abismo abaixo,
descarguei.

agora podo voar
sen contos de fadas
xa son eu,
alma lixeira

matei a todos,
tócame vivir a min
nesta agradable soidade,
nesta agradable incomprensión

asasina,
pero xa fuxín

lonxe,

moi lonxe,

afástome...

mércores, 19 de marzo de 2014

martes, 18 de marzo de 2014

Eu.

Eu adoitaba ser eu.
Eu...
Eu.
Agora son eles.
Eu está morto.
Soterrado.
Non escoita nada,
son eles os que cada vez botan máis terra enriba.
De eu sae unha flor.
Murcha.
Morramos con eu, irmáns.

sábado, 15 de marzo de 2014

abismos.

vía,
como
pouco a pouco,
arrastrábasme cara
un
a
b
i
s
m
o

i
n
finito,
arrastrábasme cara
un     l   o   n   g    o
malestar,
un eterno
sen
saber.

soltei a corda,
deixeite caer.

ás veces síntote vivo,
pero sei que cada vez estás
máis
morto.

mércores, 12 de marzo de 2014

Estou aquí.

Quero empezar a tiros con todo o mundo.

Quero fuxir.

Quero...

Á merda.

domingo, 2 de marzo de 2014

Tiros mentais, asasinos e neuronas tolas.

Antes o tempo víame pasar a min, agora vexo eu pasar o tempo. Parece que morro e ninguén encargou aínda a coroa de flores. Busco olladas amigas, ollos apaixonados, lugares abandonados e só me atopo a min, mira ti. Voume suicidar. Logo, metereime no maleteiro do coche e ninguén saberá de onde virá o cheiro a podre. É a mellor vinganza que se me ocorre. Tamén podo empezar a matarvos a todos, pero escapades das escopetas.