Son unha muller destas que non atraen polo seu exterior. Non adoita gustar a miña roupa de home, ou o meu pelo desaliñado sen intención de que pareza desaliñado. Tampouco sei combinar cores a pesar de estar en artes e a maquillaxe é un produto de ciencia fición.
Quizais se me coidara máis, usara tacóns, tardara unha hora en arranxarme, fora máis delgada e estivera pensando en gustarlle a mengano e fulano, tería unha vida "sentimental" (por chamalo dalgún xeito) máis activa. Pero, que gracia ten que alguén quera estar contigo aínda que sexa un intre unicamente polo teu físico? Non é máis emocionante que se molesten en coñecerte? Pode que viva nun mundo de fantasía, pero na miña mente non importa se vistes con roupa do sexo oposto, descoidas a túa depilación de vez en cando ou usas pantalóns curtos con sobrepeso de grado II.
Isto tamén da aos roles impostos pola sociedade. Porque eu non me maquille, non me guste ir de compras e non sexa unha sumisa para gustarlle a alguén teño que ser un "macholo" ou mesmo lesbina? E o mesmo pasa cos homes, non sei... Se non existira a superficialidade, eu agora mesmo (se non fixera frío) podería sair en calzóns á rúa, o meu pai podería poñer vestidos e a miña irmá ao mellor gastaba máis cartos en libros.
Mentres existe a superficialidade, é un alivio saber que non son a única que pensa así, porque se fora a única, ao mellor nin tiña amigos ou, o máis probable sería que deixaraa que a sociedade gañara o pulso e saltaría á cinta que me convertería nalguén igual ao resto. Entón, non lle collería xerseis ao meu pai, escoitaría a Juan Magán e deixaría de comer costilletas para adelgazar a pesar dos meus xenes para buscar a un mozo guapísimo de la muerte para que me agarrara das bolsas cando fora de compras. Aos trinta ou así casaría cun príncipe azul, soplaríama o goberno, soplaríama Marx, soplaríama Neruda e sería feliz coidando aos meus fillos. Fin.
A superficialidade é un tema amplísimo, sobre o que algún día escribirei unha tesis ou "El contrato superficial", perdoen polas miñas ideas desorganizadas.
RABO!
ResponderEliminar