Páxinas

mércores, 26 de xuño de 2013

Todo comezará unha mañá.

Unha mañá de mércores collerei un tren e aparecerei na súa casa. Abrirame a súa nai e tereille que explicar quen son e de onde veño. Finalmente accederá a responder "Está durmindo" e indicarame que o seu cuarto está ao fondo á esquerda, como non.
Abrirei a porta con coidado, a cal emitirá un chirrío suave. Achegareime ás escuras á súa cama e unha vez que localice a súa orella, susurrarei o seu nome como outras tantas veces, pero daquela, con receptor. Protestará, coma sempre, pero o meu "Son eu" fará que me busque, intrigado. O cruce dos seus ollos negros de pupila dilatada cos meus, fará que sorriamos. "Casa comigo", direille. "Non caso". Nin eu, pero quizáis quedaría fermoso.
Logo poderiamos ir almorzar á cafetería de abaixo, ou quizáis xa na súa casa. Máis tarde paseariamos, bicaríame, e, como será unha cousa normal, seguiremos camiñando coma se nada. Logo farase tarde e non poderei volver a casa deica a mañá seguinte.
Hoxe é mércores. Odio os trens e a celulosa.

2 comentarios:

  1. Estoy harta de no aparecer fugazmente en tus relatos...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

      Eliminar