Páxinas

sábado, 8 de xuño de 2013

Cousas.

O ceo cando está gris.
O ceo cando está rosa.
O ceo cando está azul pero o sol non molesta.
O ceo cando está laranxa, nun luscofusco.
Os solpores.
Os solpores dende a praia das Quintas.
Sentarme na area e collela co puño pechado. Logo, soltala coma se fose sal.
O mar calmo.
A auga cristalina.
Os ríos e regatos.
Fontes.
Carballeiras e soutos.
Prados cheos de flores marelas.
A friaxe das últimas horas de luz nunha tarde de inverno.
O frío.
Os abrazos.
Os sorrisos.
Pensar en todo.
Logo pensar en ti.
Recuperar a esperanza.
Ter ilusión.
Buscar cousas para mantela.
Escribir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario