Páxinas

xoves, 9 de maio de 2013

Rimas simples para un berro de liberdade.

Non son unha flor
que arrancas ó pasar,
son forte coma a árbore,
libre coma o ar.

Non agardo por xerras,
non agardo por ti
non agardo por auga
para poder sobrevivir.

Onde quedaron os lindeiros
da miña represión?
Agora é liberdade...
Xa non quero compaixón.

P.D.: Non me gustan as rimas fáciles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario