Páxinas

martes, 7 de maio de 2013

Oceanía.

Ela chegou.
Fíxo liscar a incomprensión que me oprimía.
Colleume da man e facendo que non lle importaba, sacoume sorrisos. Moitos, máis que eu a ela.
Agora sei que é que non che xudguen
que haxa alguén no que poidas confiar
e alguén con quen poder falar sen que poña cara de aburrimento.
Aburrimento é o que nos desgasta.
Vai facer dezaséis xuños que nos atopamos nun hospital provincial por cousas da vida...
Ou por cousas dos nosos pais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario