xoves, 30 de maio de 2013
Campo(s) semántico(s)
MOMENTOS sen... sentados
luns, 20 de maio de 2013
Diálogos interiores III
—Pegaríache escribir novela erótica.
—Non dispoño de fonte de información.
—Non dispoño de fonte de información.
sábado, 18 de maio de 2013
Chocolate.
Unha tarde fría de inverno, ó carón do lume vermello e azul dunha estufa de butano.
Campo(s) semántico(s)
MOMENTOS sen... sentados
XA.
E mutarnos mutuamente,
extinguirnos ata non saber
quenes fomos,
de onde viñemos,
confundir o principio
e o final.
Achégaste e me dis:
"Quérote"...
Non, en realidade,
nunca.
Olvidar.
Centrémonos,
por favor.
venres, 10 de maio de 2013
Dende o meu oasis. Confidencial.
Fomos un oasis
no medio dun balbordo caótico
cheo de verbas
mesturadas co cheiro a cervexa.
no medio dun balbordo caótico
cheo de verbas
mesturadas co cheiro a cervexa.
Non podo pensar
noutra cor que non sexa a vermella,
noutros ollos
que non sexan negros.
Esmagamos o tempo...
E el esmagounos a nós....
xoves, 9 de maio de 2013
Rimas simples para un berro de liberdade.
Non son unha flor
que arrancas ó pasar,
son forte coma a árbore,
libre coma o ar.
Non agardo por xerras,
non agardo por ti
non agardo por auga
para poder sobrevivir.
Onde quedaron os lindeiros
da miña represión?
Agora é liberdade...
Xa non quero compaixón.
P.D.: Non me gustan as rimas fáciles.
que arrancas ó pasar,
son forte coma a árbore,
libre coma o ar.
Non agardo por xerras,
non agardo por ti
non agardo por auga
para poder sobrevivir.
Onde quedaron os lindeiros
da miña represión?
Agora é liberdade...
Xa non quero compaixón.
P.D.: Non me gustan as rimas fáciles.
martes, 7 de maio de 2013
Oceanía.
Fíxo liscar a incomprensión que me oprimía.
Colleume da man e facendo que non lle importaba, sacoume sorrisos. Moitos, máis que eu a ela.
Agora sei que é que non che xudguen
que haxa alguén no que poidas confiar
e alguén con quen poder falar sen que poña cara de aburrimento.
Aburrimento é o que nos desgasta.
Vai facer dezaséis xuños que nos atopamos nun hospital provincial por cousas da vida...
Ou por cousas dos nosos pais.
luns, 6 de maio de 2013
América.
Como pensar que esa rapaza de pero roxo esa á que miraba mal, desa da que estaba distante, esa que ata fai pouco, que a coñecín de verdade, prefería evitala.
Un día, grazas á señora das funcións, empezoume a chamar África.
—África!
—América!
Logo Oceanía, e Asia, e Europa, e Antártida... Somos un todo nolas seis, pero iso non fai falla dicilo.
A razón de todo isto, é dunha cousa que me deu, esta mañá, escrita na miña calculadora, e que (debe de ser que estou demasiado sensible) case me fai chorar da emoción... Non sei, gustoume.

África
hermosa flor roja
de pensamientos revolucionarios
y en contra de la
opresión.
África, preciosa,
continete conquistado
de alma noble.
—Olema Kanúsica.
Grazas, América :'3
sábado, 4 de maio de 2013
"Non me gusta circular pola dereita. É coma seguir a corrente e refuxiarse na seguridade de algo porque si, sen cuestionarnos por que circulamos por ese lado."
É unha frase da "novela" que ando a escribir. Non sei se vai ser novela ou non, pero en caso de que o sexa, probarei sorte e se non, a publicarei nalgún blog.
Estiven pensando en escribila baseándome no presente, no pasado, nos soños dun "alguén" e nas cartas que lle escribe a outra persoa. Todo é outra ensalada mental, pero agardo que vaia collendo forma. A verdade, non lle vexo todo o futuro necesario, pero se intentará.

Entradas que la Vaga no quiere clasificar
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)