Está moi "Arder", dixo Orballo ás miñas costas, á beira do río.
E si, estaba "moi 'Arder'". Penso que é unha frase que define xenial a atmósfera dos días máis fermosos e poéticos do ano, desde o meu punto de vista. É fresco, húmido, é azul e gris. E verde.
Melancolía, pretensión.
II
Alejandra abre a antoloxía por unha páxina aleatoria e gústalle o que le. "vou ler isto porque abrín por aquí e non sei, gústame". recítanos a Dores Tembrás. amor. aquel poema que aprendín para autoconvencerme. que sostés os meus pulsos coma se foran. aquela tempada na que cría botar de menos. cuncas diminutas de cerámica chinesa. e quizais o facía. e non sabes que as cereixas. nunca o saberei con certeza. deixaron de medrar. gústame pensar que foi mentira. ata que volvas.
III
Ules a tarde de verán. Unha tarde de verán coma a bandeira de Gabón. O azul ante todo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario