poema publicado no terceiro número
do fanzine Infumable.
I
entrar
na cova co medo de que ataque a besta
ser
só censura, parálise, catalepsia
só
saber a quen pertence o sabor da batalla,
XÚROO.
(quizais
non)
sinto
a luz entrar pola fendedura
reflicte
no branco
buscas
o branco
volver
caer no abismo.
II
a
fera durmía despois da masacre
marchei
pero
cada vez as bestas durmían menos
e
sempre cun ollo aberto
sabedoras
da cova enimiga.
adentreime
sen
pensar na consecuencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario