Páxinas

luns, 30 de maio de 2016

bosquexos de sensacións: Orballo, Alejandra, ti.

I

Está moi "Arder", dixo Orballo ás miñas costas, á beira do río.
E si, estaba "moi 'Arder'". Penso que é unha frase que define xenial a atmósfera dos días máis fermosos e poéticos do ano, desde o meu punto de vista. É fresco, húmido, é azul e gris. E verde.
Melancolía, pretensión.



II

Alejandra abre a antoloxía por unha páxina aleatoria e gústalle o que le. "vou ler isto porque abrín por aquí e non sei, gústame". recítanos a Dores Tembrás. amor. aquel poema que aprendín para autoconvencerme. que sostés os meus pulsos coma se foran. aquela tempada na que cría botar de menos. cuncas diminutas de cerámica chinesa. e quizais o facía. e non sabes que as cereixas. nunca o saberei con certeza. deixaron de medrar. gústame pensar que foi mentira. ata que volvas.


III

Ules a tarde de verán. Unha tarde de verán coma a bandeira de Gabón. O azul ante todo.

luns, 23 de maio de 2016

Bestiario

poema publicado no terceiro número 
do fanzine Infumable.

I

entrar na cova co medo de que ataque a besta
ser só censura, parálise, catalepsia

só saber a quen pertence o sabor da batalla,
XÚROO.

(quizais non)

sinto a luz entrar pola fendedura
reflicte no branco
buscas o branco

volver caer no abismo.


II

a fera durmía despois da masacre

marchei

pero cada vez as bestas durmían menos
e sempre cun ollo aberto

sabedoras da cova enimiga.

adentreime

sen pensar na consecuencia.