Páxinas

mércores, 24 de xuño de 2015

SON EU ASÍ TAN EU.

Desde a miña cama á casa da miña tía, hai unha fiestra. Escollín o camiño da derrota solitaria: hoxe é festivo e todo ataca.
Só se me pasa pola cabeza pedir axuda: pedirte axuda a ti, que en realidade es calquera ao que deixe acariñar o meu íntimo ventre, porque non rematamos.
Nunca se remata nada, a vida queda inconclusa porque sempre haberá algo que facer, algo que aprender, algo do que enfermar... algo que padecer: saudade, morriña, desexo, aburrimento. Aburrimento cara os individuos que ma obstaculizan. Estou segura de que, nesta vida, nunca estiven máis preto do que son que agora mesmo, neste preciso intre no que só agardo a coller o sono para soñarte sentindo o teu tacto no peito e poder ser verdadeiramente, deliciosamente... así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario