Páxinas

sábado, 27 de xuño de 2015

mapa.

como matar esta ausencia insegura que me destrúe pouco a pouco?
reunión no cenáculo:
ferida + sal = ?

a) cicatrización
b) escozor
c) ningunha das anteriores

cicatrización non, deixa de basearte en vivencias (noxentos quistes), deixa de pensar no modo idóneo, deixa de pensar na paz, na convivencia de sentimentos repelentes, deixa de crer que todo pode ser bo, porque nunca poderás facer unha milagre. muller, cerra a billa, pecha o candado.

verdadeiramente,
é a auga con sal das bágoas o que... que sei eu? non sei nada, ninguén sabe nada.

impotencia continua,
continua ausencia,
continua tensión,
continua culpa,
continua represión...

convivencia

se ao final, a culpa vai ser da sociedade reflectida en mentes.

primeiro obxectivo: non morrer exercendo a ausencia.
segundo: desprenderme.
terceiro: morrer.

mércores, 24 de xuño de 2015

SON EU ASÍ TAN EU.

Desde a miña cama á casa da miña tía, hai unha fiestra. Escollín o camiño da derrota solitaria: hoxe é festivo e todo ataca.
Só se me pasa pola cabeza pedir axuda: pedirte axuda a ti, que en realidade es calquera ao que deixe acariñar o meu íntimo ventre, porque non rematamos.
Nunca se remata nada, a vida queda inconclusa porque sempre haberá algo que facer, algo que aprender, algo do que enfermar... algo que padecer: saudade, morriña, desexo, aburrimento. Aburrimento cara os individuos que ma obstaculizan. Estou segura de que, nesta vida, nunca estiven máis preto do que son que agora mesmo, neste preciso intre no que só agardo a coller o sono para soñarte sentindo o teu tacto no peito e poder ser verdadeiramente, deliciosamente... así.

martes, 23 de xuño de 2015

Cinta.

O presente naceu do odio pesimista no que todo se transforma en inimigo, os inimigos que nos obrigan a pensar na tentadora idea de aferrarnos á cama para non saír nun lustro ou tres. Vomitei tras a borracheira de cubata de tenrura nunha esquina calquera dunha cidade que non chega a vila. A resaca é aínda peor.
Só me tranquilizou a voz de Iolanda, cando deliraba na indixesta de problemas. Aportoume carácter, estoicismo e unha linguaxe coa que poder mandar ao mundo ao demo de boas maneiras e parecendo unha persoa agochada tras a fachada da adolescente decadente que nalgún momento todos necesitamos ser. Outras veces é a imposición da tristura polo odio, polas imaxes.
Vivo nunha película apátrida con planos malos, aburridos e trama que incita ao suicidio. Son a protagonista (polo menos) paseando por unha praia que da ao mar aberto deixando pegadas que se borran nuns minutos.