Páxinas

luns, 1 de decembro de 2014

Si, volver.

Si. Ás veces pregúntome por que non volvo. É cuestión de pensar e resolver a cuestión. A resposta é que non me gustan os calcetíns furados dentro das botas rotas.
Si. Ás veces penso en volver e xirar, xirar, xirar, xirar... pero non, porque os muíños controlan o exército de eucaliptos.
Si. Ás veces éntrame unha sensación coma de que volvín, pero non. Non porque non me gusta a pintura que cantas, a música que exalas. Odio as letras que esnifas.
Verás, atopei a froitaría nun cuarto andar sen ascensor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario