na vida só namorei dunha muller. daba gusto vela: fermosísima e cun xenio, un carácter admirable. estaba tan chea de amor... estaba tan chea de amor que acabou por vomitalo.
sucedeu unha tardiña de outono no cumio dun monte inaccesible. eran as seis e comezaba o luscofusco. foi rápido. aconteceu polo exceso lírico da situación. de súpeto empezou a sufrir arcadas. despois de que eu a axudara agarrándolle o pelo e a sostivera pola fronte, notando o suor frío, botou o corazón pola boca.
limpou o sangue que lle quedaba nos beizos e bebeu un grolo de auga. o corazón seguía, latente, entre os toxos.
- que cousa máis parva - dixo - debeu collerme o frío.
luns, 29 de decembro de 2014
lirismo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario