Dende a miña condición de aparente desagradecida, aparente malagradecida, aparente... toxo? Dígovos que non son así. Son unha ameixa: cuncha por fóra, cousa branda por dentro, xúrovolo. Din que os ollos son o espello da alma. Pois ben, facede o favor de mirarme cando agardedes un "grazas" e non volo dea directamente. Verédelo aí. E xa. Deses momentos nos que falar é parvada (para min falar case sempre é parvada, a non ser que alguén estea afogando ou a morrer de sede ou similares).
Non vos vou deixar ler o agradecida que estou, meus.
As silvas seica cortan a descomposición, díxomo unha veciña. Iso non o agardedes dun toxo.
Fdo:
TOXO (en flor).
Ningún comentario:
Publicar un comentario