Por que non habemos de tirar os recordos á reciclaxe?
Atopei unha caixa con fotos, as necesarias para iniciar unha película de domingo pola tarde na que unha tipa que vive nalgún sitio marabilloso volve ás súas orixes para retomar... cousas. Eu non quero iso, estouche ben así, pero os recordos... difusos... Non sei, chamarei á recollida de voluminosos, pero é pouca cousa: estivera ben.
Outra opción é coller un autobús e poñer música triste de fondo mentres chove e eu miro pola fiestra. Sei onde vives. Pegarte un tiro. Eu sempre saudei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario