Dende a miña condición de aparente desagradecida, aparente malagradecida, aparente... toxo? Dígovos que non son así. Son unha ameixa: cuncha por fóra, cousa branda por dentro, xúrovolo. Din que os ollos son o espello da alma. Pois ben, facede o favor de mirarme cando agardedes un "grazas" e non volo dea directamente. Verédelo aí. E xa. Deses momentos nos que falar é parvada (para min falar case sempre é parvada, a non ser que alguén estea afogando ou a morrer de sede ou similares).
Non vos vou deixar ler o agradecida que estou, meus.
As silvas seica cortan a descomposición, díxomo unha veciña. Iso non o agardedes dun toxo.
Fdo:
TOXO (en flor).
xoves, 28 de agosto de 2014
xoves, 21 de agosto de 2014
Ei!
tic tac tic tac
onde está o tempo que gastan?
aquí non
tic tac tic tac
rápido
sen pararse
corre!
onde está o tempo que gastan?
aquí non
tic tac tic tac
rápido
sen pararse
corre!
sábado, 16 de agosto de 2014
Comedia tráxica, non traxicomedia
O voso penoso espectáculo faime rir, de pena. O que intenta ser unha comedia non é máis que un intento desesperado por procurar aceptación. Son a única no patio de butacas, ou non vexo a ninguén máis: o meu acompañante non puido vir. Todos actuades. Actuades mal.
Quero "PANO" nas acotacións do guión. Xa, por favor.
Quero "PANO" nas acotacións do guión. Xa, por favor.
martes, 12 de agosto de 2014
sábado, 2 de agosto de 2014
De película e telexornal.
Por que non habemos de tirar os recordos á reciclaxe?
Atopei unha caixa con fotos, as necesarias para iniciar unha película de domingo pola tarde na que unha tipa que vive nalgún sitio marabilloso volve ás súas orixes para retomar... cousas. Eu non quero iso, estouche ben así, pero os recordos... difusos... Non sei, chamarei á recollida de voluminosos, pero é pouca cousa: estivera ben.
Outra opción é coller un autobús e poñer música triste de fondo mentres chove e eu miro pola fiestra. Sei onde vives. Pegarte un tiro. Eu sempre saudei.

Subscribirse a:
Comentarios (Atom)