Páxinas

domingo, 13 de outubro de 2013

E xa.

Téñote ganas. De ti. Quero dicir de estarmos. Queimarnos, consumirnos, matarnos, aplastarnos, apresarnos. Mutarnos. Sabes o conto? Deséxote, esperto unha mañá e xa non te quero. Así. Porque son rara. É o que adoito facer. Pero prometo, moi ao meu pesar, que esta vez non será así. Serás ti quen acabe, porque sei que non che gustan as miñas lorzas nin as miñas pernas. Non che gusta que odie depilarme nin que me descoide a miúdo. Aínda así, declararás que é por ti. Mentres, finxiremos ser un, ou dous unidos por un sentimento destes que adoita ter a xente. Destes inútiles que só axudan a levar a cabo a función reprodutora. E nada máis. Ah! E sufrir. Xa sabes, só sufrimos. E xa. Paréceme unha boa maneira de morrer mentres haxa cousas fermosas eventualmente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario