E as follas caían sobre min. Palpaba a herba silvestre, libre, sen amansar. O solpor empezaba a comezar, o Sol a morrer. Afastáraste, procureite nerviosa. Mirabas ao horizonte...
Buscabas a maneira de parar o tempo. Imposible, dixen. E achegácheste, apresáchesme e así estivemos horas que foron momentos que semellaron un intre. E choramos por non ser todopoderosos. Só podiamos parar o tráfico e o ollar dos paxaros.
mércores, 30 de outubro de 2013
Sete veces, coma un gato.
23:59
Mañá é mañá
e eu aquí
vendo como
me
desangro
polas malditas
innecesarias
arbitrarias
ausencias
que me abafan...
00:00
E hoxe...
hoxe é hoxe
e síntote,
ás veces no vento,
ás veces cando somos lesmas,
ás veces sen querer,
ás veces procurándote...
Esquézote.
Marcha.
Xa.
Agardas a alguén?
seeeeteee... seeeteee... seeeteee...
e mooorreees e mooorrooo sete veeeceees...
domingo, 13 de outubro de 2013
E xa.
Téñote ganas. De ti. Quero dicir de estarmos. Queimarnos, consumirnos, matarnos, aplastarnos, apresarnos. Mutarnos. Sabes o conto? Deséxote, esperto unha mañá e xa non te quero. Así. Porque son rara. É o que adoito facer. Pero prometo, moi ao meu pesar, que esta vez non será así. Serás ti quen acabe, porque sei que non che gustan as miñas lorzas nin as miñas pernas. Non che gusta que odie depilarme nin que me descoide a miúdo. Aínda así, declararás que é por ti. Mentres, finxiremos ser un, ou dous unidos por un sentimento destes que adoita ter a xente. Destes inútiles que só axudan a levar a cabo a función reprodutora. E nada máis. Ah! E sufrir. Xa sabes, só sufrimos. E xa. Paréceme unha boa maneira de morrer mentres haxa cousas fermosas eventualmente.
xoves, 3 de outubro de 2013
acende a luz
pensei en escribirche. varias veces.
queres igualdade? toma igualdade de letras, todas iguais. fóra maiusculas.
non sei quen es exactamente, sodes todos tan iguais e eu tan complicada...
mátame e mátote, agora son forte. forte ata que saques a navalla. marcharei.
pero seguirei aferrada a ti.
seis...
queres igualdade? toma igualdade de letras, todas iguais. fóra maiusculas.
non sei quen es exactamente, sodes todos tan iguais e eu tan complicada...
mátame e mátote, agora son forte. forte ata que saques a navalla. marcharei.
pero seguirei aferrada a ti.
seis...
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)