Páxinas

luns, 29 de xullo de 2013

APERTA.

Apertas puntuais nas que teño que peliscarme para saber se son reais:
—Estasme dando unha aperta?
—Estou.

Apertas medio portuguesas na distancia que algún día estarán preto... Algún día.

Apertas lixeiras coma plumas que case fan que me aperte a min mesma.

Apertas altas que me rodean mentres berran "África, África..."

Apertas que me chaman "Roja comunista" e que rodeo desexando pegarme e equilibrarnos.

Apertas tristes que comezan cun "Anda, vén aquí" ou que nunca foron.

Apertas poéticas que me facían mover a pluma coma se correra unha maratón.

Apertas fortes que parecían séculos pero non eran máis ca un intre.

Apertas que me susurran na escuridade.

Apertas que serán.

Que sería eu?

1 comentario: