Páxinas

venres, 5 de xullo de 2013

Q.U.E.I.M.A-Da.

As mentes pensantes que me prometeron frío, non pensaban que ían destrozar as miñas esperanzas dun vrao perfecto. Perfecto entre chuvia, entre café e café e no tren. Pero agora estou queimada. Sufro pola miña pel colorada, áspera. Pica. Moito. Non podo arrancarma?
Vou continuamente na procura dunha man que me bote crema, crema hidratante no lombo, calmando a dor.
Estou, encerrada na casa, onde teño que estar.
Que somos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario