Neste momento, a miña mente é un home. Un home sentado nunha banqueta, encorvado. O home, máis ben mozo, mira pola fiestra o solpor sobre a cidade, cunha cunca de té fumegante entre as mans. Pelo escuro, mirada gaza e cansa, olleiras. O home, deixa medrar a súa barba descoidada mentres agarda. Algo? Aguén? Quen sabe? Nin el o sabe. Mentres, bebe un chisco de té. E segue a agardar.
Debe ser un sitio moi tranquilo, o voso louzano cerebro...
ResponderEliminarE será...
Eliminar