Páxinas

mércores, 19 de decembro de 2012

Estado sentimental: recollendo cicuta

Non veño buscando escribir un poema, ou unha historia. Veño coma min. Considero que é axeitado describir á miña mente no meu blog, mellor que darlle a lata a calquera, xa que penso que si alguén le o meu blog, será porque lle interesa, e se non, deixa de ler.
Hai dous meses, ou tres, catro, anos, que non sei que facer coa miña vida. Esta entrada probablemente sexa coma a miña vida: sen sentido.
Para empezar, está a miña frustración referente a todo o que fago. Dame a sensación de que fracaso en todo, que nada se me da ben... A xente anímame, pero, a miña mente é unha moza teimuda, á que non lle convencen facilmente.
Por outro lado (aínda que entra no tema da frustración), está o "amor". Sí, entre comiñas. Coido que non existe e, se o que penso é equívoco, pois atrévome a dicir que só serve para facer dano. Din que é bonito, pero, como saberedes, nunca o paso alá moi ben, xa sexa eu á que lle fan dano... ou eu a que o fago. Non, non existe.
Inconformidade e pasividade. Sí. Dame moitisima rabia o que acontece no mundo (política, acontecementos varios, persoas que non hai por onde collelas...), pero, teño unha pasividade propia da maioría da xuventude. Iso tamén me frustra, sínome inútil.
Despois de toda esta reflexión, coido que o meu gran problema, é a frustración.
E a pouca aclaración que teño sobre a miña vida... Xa levo quince anos agardando o meu manual. Correos anda fatal.

4 comentarios:

  1. ¿Pero que dirá ista rapaz? Écheme raro porque a súa vida penso que vale máis ca a maioría dos que coñezo. Teimuda, Hostia!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ai... que saberás ti, homiño...

      Eliminar
    2. Eu so sei que non sei nada. Pero ti si sabes que o que dis que sabes non é certo. ¿Sabes?

      Eliminar
  2. "Dame a sensación de que fracaso en todo, que nada se me da ben..." Identificación total...

    ResponderEliminar