19:00
Nivel de estrés: Máximo.
Estado: Estudando Historia da lingua galega
Localización: Unha casa no medio de ningures cunha pésima conexión a Internet.
Cando estudo, sempre teño a teima de pasarme do temario e adiantarme á materia, sobre todo cando se trata de galego, e vou por ahí lendo pequenos anacos dalgúns textos, ou asombrándome do que me agarda na materia...
Hoxe é un día deses.
Fai uns intres que topei cun texto que chamou a miña atención: "Acusación", de Iolanda Zúñiga. Fai tempo que xa o lera, pero desta vez, puiden sentirme identificada, dalgún xeito.
No artigo, Iolanda critica a condición das que falamos galego, xa que se refiren a nós como "las chicas que hablan gallego". Eu creo, que se a isto lle sumas o de que cambiaches de lingua repentinamente, hai máis repercusións.
Dende que falo galego, a xente coa que adoitaba conversar, ridiculiza esta lingua aínda máis do que o facía antes. Pregúntanme o por que, e, cando non sei que responderlles (xa que non teño ningunha razón especial para ter cambiado de lingua), inventanse contos chinos que a min danme igual, pero rematan por cansar.
Aquí todo o mundo fala castelán, excepto casos puntuais. Dentro dos que non falan galego, hai tres casos: os que me admiran por ter cambiado de lingua dun día para outro, ós que lles da igual e os que cren facerme sentir inferior. Din que o forzo, que mesturo as dúas linguas. JODER! Se me falades castelán, váiseme, non o entendedes?
Deste último caso, estou farta, máis que farta. Creense superiores. Se lles cagara unha gaivota enriba... E cando non, chegan ao extremo de dicirme: "A mi me hablas castellano o non te hablo".
Gustaríame que algún deses "inimigos" do galego, lesen isto, non para comprobar a miña frustración ó averiguar á verdadeira humanidade, senón para que visen eles mesmos, que as súas palabras carecen de sentido.
Eu son galega e falo a lingua da miña terra.
"Defínenme por unha cuestión que, en absoluto, me resume. Por unha cuestión irremediablemente autóctona, común e natural: a lingua de meu [...], que ironía."
Iolanda Zúñiga, En Tempos Novos
Cuando te pregunten porque falas galego en lugar de castelán, diles: "¡porque me sale de la paxara, carallo!
ResponderEliminarAi, Hitos... Se fose tan fácil...
EliminarImbéciles e escuros, non nos entenden, non.
ResponderEliminarXa ves, había que matalos (?) Vale, non ._.
EliminarEntendote perfectamente, parecerache estrano pero ao meu arredor todo o mundo fala galego, pero burlanse de min por ser unha das unicas que ama o que fala, búrlanse de min por amar ao galego.
EliminarVale, iso aínda é máis extraño...
EliminarNon entendo á xente...
No de mesturar os dous idiomas nin caso, os que falan castelán tamén meten castrapo polo medio ás veces ou extranxerismos que non saben empregar ben XD
ResponderEliminarE tampouco tes por qué dar explicacións por falar na nosa lingua, que pra algo a temos ;)
Se a xente fosen persoas entenderíano dese xeito, pero, éche o que hai...
EliminarPodesme dicir onde atopache-lo texto? Levo buscandoo dende hai uns días e non hai forma...
ResponderEliminarSe sabes onde podo atopalo estaríache moi agradecido..