Páxinas

sábado, 16 de maio de 2015

diario

non teño nada que contar, pero quero sentirme escritora: son antollos, coma o de "oh, teño antollo de ser periodista" e preparas unha entrevista para facerlla a alguén imaxinario ou unha reportaxe sobre un tema estúpido. eu de nena quería ser periodista. na miña cabeza aínda non existían notas de corte nin merdas desas. o que cortou a miña vocación foi o meu medo a que me mandasen á guerra. entón pasei a querer ser profesora e aínda quero selo, pero que non me manden a unha cidade destas grandes, que iso ao mellor é peor que a guerra.

en fin, estou aquí na miña mesa de traballo. hai un momento, a miña irmá díxome que se lle facía raro verme sen apuntamentos diante. saíume ben a xogada este curso, mais foi o meu Século Escuro: pouca produción. o máis salientable (e máis feo) que creei foi unha escultura cara a que sinto un sentimento de amor-odio. entre escofinar a maldita madeira do maldito inverdadoiro-instalaciónarquitectónica e que se masa de madeira e que se o metacrilato do demo. e veña inauguración da exposición e veña tortillas a doce euros e veña pelotilleo: "gústame a túa escultura" se non me gusta nin a min! só lle teño cariño... na inauguración sobraba a metade da xente. agóbiame tanta xente. entón estreseime e empecei a comportarme coma unha imbécil. a sacar unha foto co meu fillo, tiven que ir outro día, un no que a sala estaba ás escuras, en plan abandono total.  deiteime no chan para sacar a foto. estaba no meu dereito.

aquí no escritorio teño unha foto cos meus curmáns na Alameda e de fondo, a catedral. non falo moito con eles. en fin, adoito ser de poucas palabras. quizáis a foto está aí para demostrar a miña inclinación cara Compostela desde ben cedo. agora, pois non sei, sácolle máis partido... ás veces. cando sexa un pouco máis independente, máis. por exemplo, cando teña coche. a miña principal motivación para sacar o carnet é a de ir de excursión sen depender de ninguén. entre os meus obxectivos está o de ir a Proupín e a Texexe para sacarme unha foto cos carteis e a Braga para facer o mesmo pero cunhas bragas na cabeza.

agora que non teño apuntamentos diante, adícome a ler cousas que antes non podía ler, coma textos que me pasaron ou libros que me deixaron. temén podo pensar e facer cousas de persoa: hoxe saín a pasear. o que pasa é que ía moita calor. ademáis, os do PP son uns pesados coa campaña e a camiñata estivo amenizada en todo momento polos altofalantes dun coche azul coa cara de Fole. seguro que o sobornan con cantidades industriais de foulards. este ano non podo votar aínda, pero en xuño, cando cumpra os dezaoito, fundarei o Partido Tixolo e serei a repanocha. como plan máis próximo teño o de cear ensalada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario