Páxinas

domingo, 17 de maio de 2015

diario II

hoxe estou máis sobrepeso grao II que outros días.
hoxe estou máis peluda que outros días.
hoxe estou máis miope que outros días.
hoxe estou máis rapada que outra días.
hoxe estou máis coa regla que outros días (que a teño).
hoxe estou máis insoportable que outros días.
hoxe estou máis dametodoigual que outros días.
hoxe estou máis cuestionada que outros días.
hoxe estou máis saudosa que outros días.
hoxe estou máis indecisa que outros días.
hoxe estou máis porca que outros días.
hoxe estou máis saída que outros días.
hoxe estou máis imbécil que outros días.
hoxe son máis orgullosa que outros días.
hoxe estou desafogándome máis que outros días.
hoxe máis etc. que outros días

resumindo, hoxe dou máis noxo que outros días.

hoxe son menos poeta.

sábado, 16 de maio de 2015

diario

non teño nada que contar, pero quero sentirme escritora: son antollos, coma o de "oh, teño antollo de ser periodista" e preparas unha entrevista para facerlla a alguén imaxinario ou unha reportaxe sobre un tema estúpido. eu de nena quería ser periodista. na miña cabeza aínda non existían notas de corte nin merdas desas. o que cortou a miña vocación foi o meu medo a que me mandasen á guerra. entón pasei a querer ser profesora e aínda quero selo, pero que non me manden a unha cidade destas grandes, que iso ao mellor é peor que a guerra.

en fin, estou aquí na miña mesa de traballo. hai un momento, a miña irmá díxome que se lle facía raro verme sen apuntamentos diante. saíume ben a xogada este curso, mais foi o meu Século Escuro: pouca produción. o máis salientable (e máis feo) que creei foi unha escultura cara a que sinto un sentimento de amor-odio. entre escofinar a maldita madeira do maldito inverdadoiro-instalaciónarquitectónica e que se masa de madeira e que se o metacrilato do demo. e veña inauguración da exposición e veña tortillas a doce euros e veña pelotilleo: "gústame a túa escultura" se non me gusta nin a min! só lle teño cariño... na inauguración sobraba a metade da xente. agóbiame tanta xente. entón estreseime e empecei a comportarme coma unha imbécil. a sacar unha foto co meu fillo, tiven que ir outro día, un no que a sala estaba ás escuras, en plan abandono total.  deiteime no chan para sacar a foto. estaba no meu dereito.

aquí no escritorio teño unha foto cos meus curmáns na Alameda e de fondo, a catedral. non falo moito con eles. en fin, adoito ser de poucas palabras. quizáis a foto está aí para demostrar a miña inclinación cara Compostela desde ben cedo. agora, pois non sei, sácolle máis partido... ás veces. cando sexa un pouco máis independente, máis. por exemplo, cando teña coche. a miña principal motivación para sacar o carnet é a de ir de excursión sen depender de ninguén. entre os meus obxectivos está o de ir a Proupín e a Texexe para sacarme unha foto cos carteis e a Braga para facer o mesmo pero cunhas bragas na cabeza.

agora que non teño apuntamentos diante, adícome a ler cousas que antes non podía ler, coma textos que me pasaron ou libros que me deixaron. temén podo pensar e facer cousas de persoa: hoxe saín a pasear. o que pasa é que ía moita calor. ademáis, os do PP son uns pesados coa campaña e a camiñata estivo amenizada en todo momento polos altofalantes dun coche azul coa cara de Fole. seguro que o sobornan con cantidades industriais de foulards. este ano non podo votar aínda, pero en xuño, cando cumpra os dezaoito, fundarei o Partido Tixolo e serei a repanocha. como plan máis próximo teño o de cear ensalada.