paralelo:
estou en crise, ou algo. non creo que me dean un premio por escribirche desta vez (non fun cobrar os dez euros de premio). tentarei ser breve e non afogarte coas miñas palabras blablabla...
síntome nada, así, de súpeto. de súpeto, tamén, volvo pensar en ti... con morriña?
teño medo.
teño medo a non poder resistir. a que se abran as feridas, a que se infecten... tentar curalas, que un día volvan, estoupar e que todo se bote a perder.
non é iso.
síntome inutil, por iso penso en ti.
porque mo facías sentir máis, creo. eu mendigando axuda, ti facéndome o favor de darma.
quizais estea pagando as miñas frustracións e problemas de autoestima cun paralelo que non foi antes paralelo.
en fin, só quero durmir e saber esquivar as bombas, nada máis.
saúdos,
paralela?
p.s.: non.
Ningún comentario:
Publicar un comentario