Páxinas

martes, 7 de abril de 2015

cousas soltas de "Safo"

(poemario confidencial)

I

improvisacións

abrir o meu bolso
e saber que hai nel

ráñasme a gorxa como o LK

quedo durmida

que as miñas dúbidas
non sexan
                                      (amén)

en terceiro da ESO
non fun ao obradoiro de iniciativas emprendedoras
eu ía a francés
(non sabía falalo)
porque adoraba a Bretaña.

II

era visto

o medo,
o medo máis ben

centos de poemas

teño punto de referencia

sentía... pregúntome

eu que sei.

x

relación estelar de inmersión na trama do fluído figurado da historia submarina.

deliciosamente así.

luns, 6 de abril de 2015

carta de amor (un ano e pico despois, complexos, axuda)

paralelo:

estou en crise, ou algo. non creo que me dean un premio por escribirche desta vez (non fun cobrar os dez euros de premio). tentarei ser breve e non afogarte coas miñas palabras blablabla...

síntome nada, así, de súpeto. de súpeto, tamén, volvo pensar en ti... con morriña?

teño medo.

teño medo a non poder resistir. a que se abran as feridas, a que se infecten... tentar curalas, que un día volvan, estoupar e que todo se bote a perder.

non é iso.

síntome inutil, por iso penso en ti.

porque mo facías sentir máis, creo. eu mendigando axuda, ti facéndome o favor de darma.

quizais estea pagando as miñas frustracións e problemas de autoestima cun paralelo que non foi antes paralelo.

en fin, só quero durmir e saber esquivar as bombas, nada máis.

saúdos,
paralela?

p.s.: non.